O Concello de O Valadouro organiza a décimo primeira edición do Mercado de Primavera que terá lugar os días 24 e 25 de marzo.
A feira comezará o venres 24 coa lectura do pregón a cargo de Miguel Vila ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura onde terá lugar unha exhibición de baile en zocas. Ás 22:00 horas haberá xogos rurais no aparcadoiro municipal a carón da piscina. As inscricións poden facerse nas oficinas da Casa da Cultura ata as 20:00 horas. Ás 23:00 horas celebrarase un concerto de rock con Chris Masuak & Viveiro Wave Riders, tamén no aparcadoiro municipal.
O sábado 25 ás 10:00 horas terá lugar a apertura de postos de mercado na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00 horas desenvolverase o Fotoenxebre ata as 14:30 horas, e pola tarde de 16:30 a 19:30 horas, na subida da igrexa parroquial. Ademais haberá o Ludo-enxebre para nen@s de 3 a 12 anos. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas da AC Amado Lar, ás 12:00 horas Exposición de vespas clásicas, ás 13:00 horas Concurso-Desfile de Zocas na praza de Santa María, ás 13:30 horas Rutas de tapeo con cantos de taberna, e ás 14:30 horas sesión vermú co grupo Maseda de O Valadouro.
O programa continuará pola tarde con paseo en poni, xogos populares e pesca infantil desde as 16:00 horas. Posteriormente haberá títeres con Tom Arenas ás 17:00 horas, contacontos con Raquel Queizás ás 18:00 horas, títeres con Alakrán ás 19:00 horas, e tamén a esa hora pasarrúas con Festicultores Troupe. Pola noite, ás 23:30 horas, ofrecerá un concerto os grupos folk Ardentía e Carapaus. Ademais tamén haberá concurso de decoración de locais e zona para comidas campestres.