A Concellería de Cultura de O Valadouro organiza a XII edición do Mercado Tradicional de Primavera, que se celebrará os días 23 e 24 de marzo.
O venres 23, o programa comezará ás 21:00 horas con pasarrúas a cargo da A. C. Amado Lar, ás 21:30 horas será o pregón inaugural que ofrecerá Lionel Rexes, e ás 22:00 horas terá lugar unha exhibición de baile en zocas.
O sábado 24, o Mercado abrirase ás 10:00 horas. Entre as 11:00 e as 19:00 h. celebrarase unha exposición de vehículos clásicos, no aparcadoiro municipal a carón da piscina, e das 12:00 ás 18:00 horas, unha exposición de vespas clásicas na Avenida da Veiga. Tamén haberá Ludo-Enxebre para nenos e nenas de 3 a 12 anos, na praza, de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 . Terá lugar ademais un Foto-Enxebre de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 h, e Tiro con Arco de 11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:00 h. na rúa Andrés López Palmeiro. Ás 11:30 horas, haberá pasarrúas con A.C. Amado Lar, e ás 13:00 h. celebrarase un desfile tradicional de zocas, zocos e roupa tradicional, na praza de Santa María. A mañá rematará cunha ruta de tapas, a partires das 13:00 horas, nos locais hostaleiros, e ás 14:00 horas coa sesión vermú que ofrecerá o Grupo Maseda.
Pola tarde, entre as 16:00 e as 19:00 horas, haberá xogos tradicionais, paseo a cabalo e pesca, no aparcadoiro a carón da piscina municipal. Das 16:00 ás 19:00 horas celebraranse actuacións infantís na Praza de Santa María, e a partires das 19:00 horas de novo a Ruta de Tapas nos locais hostaleiros. Tamén haberá pasarrúas con Festicultores e Troupe.
O programa rematará o sábado, cos concertos que ofrecerán, a partires das 22:30 horas, A Banda da Balbina, I Zocan´Roll e Astarot.
A sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro acollerá, dende o 23 de marzo ao 27 de abril, a exposición de acrílicos Xurucido e Marquesado, os zoqueiros do Valadouro de Pepe Blanco.