O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús organiza un concerto de primavera este venres, día 22, ás oito da tarde no Teatro ribadense. Esta actividade está incluída nos actos conmemorativos do 50º aniversario das actuais instalacións do centro e servirá para recadar fondos para as viaxes fin de etapa que realizarán o alumnado de sexto de Educación Primaria, que irá a Cantabria, e o de cuarto da ESO, que será a Italia.
No concerto actuarán o Coro Infantil e Xuvenil Sagrado Corazón, haberá un recital poético e tamén unha mostra de danza a cargo de alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros.