A escultura dunha troita máis grande do mundo, que terá 8 metros de altura, estará na Pontenova e será inaugurada o día 30 de abril, sábado. O acto será xusto antes do pregón da XLIV Festa da Troita, que correrá a cargo de Odile Rodríguez de la Fuente (filla de Félix Rodríguez de la Fuente).
A escultura está sendo realizada polos alumnos de soldadura e caldeiraría do IES Enrique Muruais, da Pontenova, e será colocada á beira do Eo, á altura do Pozo da Ola, “para que a xente poida facer fotos e se vexa dende a estrada, tanto entrando dende Ribadeo como vindo de Lugo”, explica o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova, Francisco Javier Rois Freijo.