A Pontenova acollerá un obradoiro de avellentamento activo entre decembro de 2015 e xuño de 2016. Está organizado por Game Sport e conta coa colaboración do Concello.

A Pontenova acollerá un obradoiro de avellentamento activo entre decembro de 2015 e xuño de 2016. Está organizado por Game Sport e conta coa colaboración do Concello.
 
Obradoiros de risoterapia, paseos saudables mensuais, nocións de novas tecnoloxías ou manualidades son algúns dos contidos que ofrece o curso para o avellentamento activo organizado pola empresa de servizos e deportes Game Sport no seu local de A Pontenova, unha actividade na que colabora o Concello. O obradoiro desenvolverase entre o 1 de decembro de 2015 e xuño de 2016 e vai dirixido a persoas maiores de 55 anos.
Para levalo a cabo os participantes dividiranse en dous grupos, os martes e xoves entre as 10:30 e as 12:30 horas. O prezo é de 25 euros ao mes. Por esa tarifa, os alumnos abordarán disciplinas como a memoria, as manualidades, a risoterapia e as novas tecnoloxías (dende o uso do teclado do móbil ata a información básica e internet para adultos). Ademais, realizarase como parte das actividades un paseo saudable ao mes e a celebración dos aniversarios.
Para máis información e tamén para inscribirse cómpre dirixirse ao teléfono 982 34 23 74, ao correo electrónico info@gamesport.es ou acudir ao local de Game Sport en A Pontenova.