Escudería A Pontenova e a Área de Deportes da Deputación organizan a cuarta subida á Pontenova os días 16 e 17 de maio, I Trofeo Ribeira Sacra, proba puntuable para o campionato galego de montaña.
No evento daranse cita pilotos de todo o territorio galego e de Asturias.
No mesmo colaboran: a Federación Galega de Automobilismo, a Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de A Pontenova e Deporte Galego. Patrocinan: Desgüaces Ramil, Industrial Recense, Procubitos, A Pontenova Superti, Ferros Alonso, mesón parrilla A Mina e El Progreso.