Pínconús

18/12/2024

A compañía Pínconús Teatro representará a comedia musical para público familiar titulada Pínconús no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.

O autor do texto é o director da obra é José Campanari e a música foi creada por Piti Sanz.

Esta representación está incluída na programación de Nadal da asociación musical A Chocolateira, que anuncia que “este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas, despois de moitos anos de novo volve o tren facer parada na Estación da Pontenova”.