Piscina
A Piscina Olímpica do Concello de Cervo abreu de novo o seu vaso este mércores pasado despois de efectuar no mesmo tarefas de mantemento.
Os traballos consistiron no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora, rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.
Así mesmo, a nova tempada de cursos da piscina comeza o próximo martes un de outubro. As inscricións xa están abertas e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.
David Rodríguez, edil de deportes, sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade será o sábado 30 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.
Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.
O Concello de Cervo organiza este mércores, 2 de xaneiro, unha festa acuática infantil.
O horario será desde as 17:00 ás 19:00 horas e terá lugar na piscina de Lieiro, en San Ciprián. A entrada é gratuíta.
Os nenos e nenas ata 7 anos terán que ir acompañados de pai, nai ou titor/a. Os nen@s, ata 10 anos, que non saiban nadar tamén é obrigatorio que vaian acompañad@s por pai, nai ou titor/a.
A Piscina Olímpica do Concello de Cervo iniciará a nova tempada de cursos o luns 1 de outubro.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, xunto a unha representación do equipo de socorristas e do persoal da piscina, presentaron as actividades para as que recordan que está aberto o prazo de preinscrición ata este mesmo xoves, 20 de setembro “e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.
Villares sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. Ademáis tamén se ofertan clases de natación para mulleres embarazadas.
Dentro de cada grupo,...
leer másA Piscina Municipal de Ribadeo comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios. O seu obxectivo é atraer a todos aqueles usuarios que busquen activarse despois do verán e levar unha vida máis saudable.
“Vivir” é o nome da súa campaña. Os responsables do centro buscan que os seus novos usuarios póidanse sentir mellor grazas ao deporte e para iso a mellor solución é deixarse guiar polos seus profesionais. O centro trata de facilitar a inscrición ao usuario ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo en todos os seus abonos. E se aínda así non se atopan satisfeitos co servizo, volven ofrecer garantía de devolución do primeiro mes. Esta iniciativa, testada por primeira vez na campaña de xaneiro, demostrou que máis do 98% dos usuarios non se arrepinten. Para esta campaña o centro habilitou a web beone.es/...
leer másO Concello de Cervo reabre a piscina olímpica de San Ciprián o vindeiro luns 3 de setembro en horario habitual de 9h a 22h de luns a venres de foma continuada e sábados de 10h a 14h e de 18h a 21h.
Durante o mes de agosto a zona de baño estivo pechada ao público para poder lear a cabo diversos traballos de acondicionamentos mecánicos de mantemento e vacacións do persoal, permanecendo aberto o ximnasio para os seus usuarios.
Como todos os anos, o Concello de Cervo non emitirá recibos aos seus socios durante este mes de agosto.
Para o edil de deportes, Jose Ramón Soto, “estas melloras realizadas, sen dúbida algunha, repercutirán no mellor servizo para todos os usuarios que cada ano aumentan considerablemente, posto que na actualidade xa se aproximan aos 800”.
Como...
leer másO Concello de Cervo abrirá este verán as piscinas de Río Cobo.
Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Obras, a de medio ambiente, por algúns dos alcaldes pedáneos e técnicos municipais, estivo supervisando os traballos preparativos e de acondicionamento que se están a levar a cabo estas últimas semanas “para que a veciñanza poida facer uso destas instalacións, tanto das piscinas, como das pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que conforman o complexo; idóneas para poder desfrutar de momentos de ocio e lecer nestas datas que se aproximan”.
O rexedor recordou que o ano pasado tan só puidemos contar con cinco socorristas, o que nos impediu dar cobertura ás praias e a estas piscinas, polo que non puidemos abrilas ao público, pero nesta ocasión, a previsión é a de dispoñer...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade, presentada polo edil delegado de Deportes, José Ramón Soto e pola membro e monitora do club Ana Ferreiro, será o vindeiro 17 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.
Soto recordou “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os interesados poden anotarse na propia...
leer másA piscina municipal de Ribadeo renovou as 15 bicis de ciclo para spinning que hai na sala do centro deportivo BeOne, que ademais acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack.
O director do centro deportivo, Javier Canel, explicou que “as novas bicis para a práctica do spinning son da marca Precor, que é das mellores que hai no mercado para este tipo de equipamentos” e comentou que “tres das bicis que foron substituídas, as que se atopaban en mellor estado de conservación, foron doadas ao Club de Remo de Ribadeo”. Ademais en breve os usuarios de BeOne Ribadeo contarán cunha máquina nova para a sala de ximnasio que substituirá á multipower que hai actualmente para facer sentadillas.
BeOne Ribadeo tamén acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack, que “é moi esixente, poden...
leer másA empresa BeOne, que xestiona a piscina municipal de Ribadeo, ten en marcha neste mes de xaneiro unha campaña de captación de socios que ofrece vantaxes como matrícula sen custo e a posibilidade de gozar de todas as instalacións do centro gratuitamente durante un día. Ademais os que entren na web beone.es/xuntos poderán conseguir un mes de balde.
As instalacións de BeOne en Ribadeo, que están na rúa Pintor Fierros, contan con “tres zonas: unha de auga cun espazo dedicado a zona spa, unha sala onde se dan actividades en seco e un ximnasio de musculación cunha parte de tonificación e outra de cardio”, explica o director do centro, Javier Canel, quen engade que “intentamos que as actividades da sala estean dirixidas á maior cantidade de usuarios, desde xente moi nova ata os máis maiores. Hai varios tipos de ofertas, con intensidades altas, ...
leer más