A Piscina Municipal de Ribadeo comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios. O seu obxectivo é atraer a todos aqueles usuarios que busquen activarse despois do verán e levar unha vida máis saudable.
“Vivir” é o nome da súa campaña. Os responsables do centro buscan que os seus novos usuarios póidanse sentir mellor grazas ao deporte e para iso a mellor solución é deixarse guiar polos seus profesionais. O centro trata de facilitar a inscrición ao usuario ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo en todos os seus abonos. E se aínda así non se atopan satisfeitos co servizo, volven ofrecer garantía de devolución do primeiro mes. Esta iniciativa, testada por primeira vez na campaña de xaneiro, demostrou que máis do 98% dos usuarios non se arrepinten. Para esta campaña o centro habilitou a web beone.es/vivir/ribadeo onde o usuario poderá atopar toda a información que necesite e onde poderá entrar no sorteo dun mes gratuíto.
Comeza unha tempada ilusionante para a complexo municipal. Desde a apertura da súa sala para actividades dirixidas e ciclo, sumado á súa piscina climatizada e a súa sala fitness, converteuse nun centro deportivo referencia na Mariña.