O Concello de Cervo abrirá este verán as piscinas de Río Cobo.
Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Obras, a de medio ambiente, por algúns dos alcaldes pedáneos e técnicos municipais, estivo supervisando os traballos preparativos e de acondicionamento que se están a levar a cabo estas últimas semanas “para que a veciñanza poida facer uso destas instalacións, tanto das piscinas, como das pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que conforman o complexo; idóneas para poder desfrutar de momentos de ocio e lecer nestas datas que se aproximan”.
O rexedor recordou que o ano pasado tan só puidemos contar con cinco socorristas, o que nos impediu dar cobertura ás praias e a estas piscinas, polo que non puidemos abrilas ao público, pero nesta ocasión, a previsión é a de dispoñer de sete profesionais que velarán pola seguridade dos bañistas.