O Concello de Ourol organiza un curso de primeiros auxilios para o 6 de marzo

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de primeiros auxilios. Esta actividade vaise realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 6 de marzo, xoves, ás 17:00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.