Ourol

Etiquetas:
01/12/2023

O Concello de Ourol comunica que aínda quedan prazas libres para anotarse na actividade de ioga que se está a levar a cabo os mércores en horario de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos e que se desenvolverán ata outubro de 2024.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57)

 

Etiquetas:
26/11/2023

A actriz Berta Ojea estará o vindeiro 29 de novembro en Ourol para falar de María Casares, a quen coñeceu en París no ano 1989, forxando unha amizade que duraría anos. 

Desde o Concello de Ourol convidan “a todas as persoas que queiran coñecer a Berta Ojea a que se acheguen a Ourol o vindeiro día 29 de novembro, ás 18:30 horas ao Edificio Multiusos”. A entrada é libre e gratuíta. 

O título da charla que pronunciará Berta Ojea é “Mulleres, galegas, actrices”.

Etiquetas:
21/11/2023

O Concello de Ourol organiza diversas actividades, como maxia, unha andaina e unha charla, para conmemorar o 25N, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A primeira, que está programada para este xoves, día 23, é un espectáculo de maxia para público infantil e familias a cargo do mago Pedro Bugarín co seu novo show. Será ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.

O venres 24 haberá a quinta andaina contra a violencia de xénero, con saída ás 12:30 horas no Paseo da Rega.

E o día 29, mércores, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos terá lugar unha charla a cargo da actriz Berta Ojea.

 

Etiquetas:
03/11/2023

A asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte, da parroquia de Bravos (Ourol) organiza un magosto para o 11 de novembro, sábado. Será no seu local social a partir das 21:00 horas. 

Haberá cachelos, torresmos, chourizos e castañas de balde. E baile amenizado polo dúo Samba.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza un campionato de tute a partir do 5 de novembro e que se xogará o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir das 18:00 horas no local social de Bravos (Ourol).

Para inscribirse hai que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 661.866.552. O prazo remata o 29 de outubro.

A organización explica que “o número de parellas participantes será de oito; así que non te demores”.

Etiquetas:
24/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza a representación da obra titulada ‘Vaia pronóstico’, a cargo do grupo teatral deste colectivo. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas no local social de Bravos, con entrada de balde.

Os organizadores anuncian que a obra é divertidísima e nela “as cousas non serán o que parecen. As risas están aseguradas”.

Etiquetas:
10/10/2023

O Concello de Ourol organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o 30 de outubro, luns, de 16:30 a 18:30 horas no edición multiusos do Concello de Ourol.

O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico). 

Os interesados poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57) ou a través da web https://escolasaude.sergas.es.

Etiquetas:
22/09/2023

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.

Etiquetas:
18/09/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), retoma as actividades coa organización dun obradoiro de elaboración de xabóns artesáns que se desenvolverá este sábado, 23 de setembro, ás 17:00 horas. Será no centro social de Bravos.

Este obradoiro inclúe teoría audiovisual, elaboración de dous xabóns, documentación impresa e mostras para levar.

O prezo para os socios do colectivo organizador é de 10 euros e os que non o sexan terán que pagar 2 euros máis. 

As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse a través do teléfono 661.86.65.52, preferiblemente por WhatsApp.

 

Etiquetas:
09/08/2023

O Concello de Ourol presentou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco (Senel), que se poderá visitas os días 13 e 14 de agosto no edificio multiusos. A entrada será gratuíta e o Concello invita a todos a achegarse a visitala.

O horario será de 11 a 13 horas ambos días pola mañá. E pola tarde o domingo de 17 a 19 horas e o luns de 17 a 21 horas.