Muller
No Día de Rosalía o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, anunciou que ofrecerá unha obra de teatro dedicada á escritora, o 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller
"Rosalía" é moito máis que un achegamento teatral á súa vida e á súa obra. É un espectáculo necesario.
Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.
Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Os actos están programados para o sábado 7 de marzo.
Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tickets na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).
Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que...
leer másO Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais e do CIM, organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Terán lugar este sábado, 9 de marzo.
O programa comezará cunha charla-coloquio, que se celebrará a partir das 12:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade leva por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participarán as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estará representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.
Ás 13:15 horas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dará lectura a un manifesto. E, ás 14:00 horas, dará comezo unha comida organizada pola asociación de amas de casa Praia da...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Ciprián) presentaron os actos organizados para celebrar o Día da Muller.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.
A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.
O 17 de...
leer másO Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.
O 11 de marzo comezarán as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolverán os xogos Mulleres na Historia. Estes continuarán o xoves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adaptados a todas as idades.
Tamén o venres 15 de marzo, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrarase no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas.
O tema do concurso fotográfico...
leer másA Concellería de Igualdade súmase á folga convocada para mañá, 8 de marzo, Día Internacional da Muller e invita ao resto das mulleres a que nun día tan significativo tomen conciencia da importancia que ten amosar o valor do papel da muller na sociedade.
A concelleira de Igualdade, Patricia Otero, salienta que “se trata de visibilizar o feito de que constituímos o 50% da poboación mundial e procurar que se valore o noso traballo e contribución á sociedade”.
O Concello de Burela organiza nesta xornada reivindicativa como único acto a lectura dun manifesto, que terá lugar na Praza da Mariña ás 12:00 da mañá.
A Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres, xa levou a cabo actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Durante o mes de...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten organizado un programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.
Os actos deron comezo hoxe cunha concentración na praza do Concello, que contou coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón. E procedeuse á lectura do manifesto “Querémonos libres e iguais”.
A celebración do Día Internacional da Muller seguirá o 11 de marzo coa XI Chocolatada Día da Muller, que se celebrará no salón de actos do Centro Cívico a partir das 17:30 horas.
E o 22 de marzo de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil, haberá un obradoiro denominado “Quérote + pracer seguro, seguro pracer”. Está dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. A inscrición pode facerse ata o 17 de marzo, no...
leer másAs Concellerías de Igualdade e de Cultura, organizan o monólogo Golpes, protagonizado pola actriz barreirense Estíbaliz Veiga. Terá lugar o sábado, 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Burela, con entrada gratuíta. A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá, e contou coa asistencia dos concelleiros de Igualdade e de Cultura, Patricia Otero e José Díaz, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfredo Llano. O monólogo enmárcase dentro da programación para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “hoy presentamos el cartel de la actuación aquí de Estíbaliz Veiga, el monólogo que va a hacer este próximo sábado, día 10, dentro de los actos del Día de la Mujer que se celebra el día 8”.
O edil socialista subliñou que “está patrocinado por la...
leer másA Delegación de Muller do Concello de Foz levará a cabo unha campaña titulada Foz conciencia, non somos invisibles, con motivo da celebración do Día da Muller. A concelleira Mercedes González Alonso explica que “se trata de visibilizar o traballo da muller na ciencia”. A campaña consistirá no desenrolo de obradoiros con alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio que terán lugar na Casa da Xuventude mañá, martes, e o mércores.
A concelleira sinala que “con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, dende a Concellería da Muller do Concello de Foz levamos adiante a campaña Foz conciencia, non somos invisibles. É un xogo de palabras co que queremos poñer de manifesto o papel das mulleres na ciencia, dar a coñecer as novas verdades científicas da historia, o seu traballo e o que tiveron que loitar para poder dar a coñecer a súa presenza...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »