O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten organizado un programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.
Os actos deron comezo hoxe cunha concentración na praza do Concello, que contou coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón. E procedeuse á lectura do manifesto “Querémonos libres e iguais”.
A celebración do Día Internacional da Muller seguirá o 11 de marzo coa XI Chocolatada Día da Muller, que se celebrará no salón de actos do Centro Cívico a partir das 17:30 horas.
E o 22 de marzo de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil, haberá un obradoiro denominado “Quérote + pracer seguro, seguro pracer”. Está dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. A inscrición pode facerse ata o 17 de marzo, no Centro Xuvenil.