As Concellerías de Igualdade e de Cultura, organizan o monólogo Golpes, protagonizado pola actriz barreirense Estíbaliz Veiga. Terá lugar o sábado, 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Burela, con entrada gratuíta. A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá, e contou coa asistencia dos concelleiros de Igualdade e de Cultura, Patricia Otero e José Díaz, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfredo Llano. O monólogo enmárcase dentro da programación para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “hoy presentamos el cartel de la actuación aquí de Estíbaliz Veiga, el monólogo que va a hacer este próximo sábado, día 10, dentro de los actos del Día de la Mujer que se celebra el día 8”.
O edil socialista subliñou que “está patrocinado por la Delegación de Igualdade de Burela de la que está al cargo Patricia Otero. Combinamos los dos, la parte de Cultura y de Igualdade, para hacer esta obra que nos parece muy apropiada para el Día de la Mujer, fomentando la igualdad, y también hablará del maltrato y lo que viven las personas que sufren esta lacra que tenemos desde hace muchos años en cualquier país”.
Díaz explicou que “la obra de teatro se estrenó hace poco en Coruña y en la provincia de Lugo va a ser aquí la primera vez que la represente Estíbaliz Veiga, a quien le agradecemos la confianza en el Concello de Burela para venir con esta actuación. Será con entrada gratuíta, el sábado 10, a las ocho de la tarde”.
Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Patricia Otero, relatou que “Golpes é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus sonos, que era unha muller romántica e aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións, que é na adolescencia”.
Otero engadiu que “Golpes é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía, apoiado só no savoir faire da actriz Estíbaliz Veiga”.
A concelleira de Igualdade considera que “non podemos pasar por alto que a violencia contra a muller se presenta en distintos ámbitos: familiares e de parella, laborais, docente, na comunidade, a nivel institucional, sendo esta violencia de distintos tipos: física, psicolóxica, sexual, patrimonial, económica…”.
Para Patricia Otero “mentres non acabemos con esta lacra social da violencia contra a muller nunca acadaremos a igualdade efectiva entre mulleres e homes”.
A edil burelesa subliñou que “ese mesmo día, dentro da programación dos actos do Día da Muller, a asociación de Amas de Casa de Burela en colaboración co Concello de Burela, terá a súa comida anual no Hotel Nordés ás 14:00 horas, e previamente, ás 13:00 horas, haberá unha misa”.