A quinta edición do Mes da Maxia desenvolverase do 28 de outubro ao 26 de novembro. Son 20 os locais que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.

A quinta edición do Mes da Maxia desenvolverase do 28 de outubro ao 26 de novembro. Son 20 os locais que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.
 
Do 28 de outubro ao 26 de novembro terá lugar a quinta edición do Mes da Maxia na Mariña Lucense, que organiza a Mancomunidade e que chegará a 20 locais hostaleiros de toda a comarca. 
 
Desde a Mancomunidade sinalan que “como cada ano, desde hai xa 5 edicións, celebramos o Mes da Maxia. Durante as fins de semana de outubro e novembro estarán repartidos por diversos establecementos varios magos profesionais que farán que as ceas nestes locais sexan inesquecibles. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite”.
 
Os restaurantes que participan na quinta edición do Mes da Maxia son: O Almacén, As Sirenas, Casa do Fidalgo, Casa Franco, Vila do Val, Parrillada de Jandro, A Garita, Area Grande, Mis en Plas, O Rincón do Mis, O Cabazo, Buenavista, O Piano, Río de Oro, A Penela, Casa Damián, A Yenka, O Asador, O Noso Lar e Parador de Ribadeo. 
 
Os magos que encherán de ilusión as ceas nestes locais son: Kiko/Joge, Pi/Paredes, Rafa, Teto e Senín/Miguel. 
 
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas.