Jorge Luengo, coñecido como “el mago de la ceja blanca”, estará presentando o seu espectáculo Ensueños en Burela o vindeiro 14 de outubro.
Luengo leva desde os 4 anos deseñando e creando as súas propias ilusións, o que o levou a conseguir o Premio Mundial de Invención FISM 2009. Tamén foi Premio Nacional de Magia 2006 en Francia e en 2008 en España e conta co Premio Mundial al Talento outorgado pola Comisión Europea en Bruxelas en 2010. Foi colaborador habitual de programas de televisión como Qué tiempo tan feliz, Todo va bien, Pasapalabra ou Hermano Mayor. Desde o ano pasado conta co seu propio programa Desafío mental en Discovery Max, e grazas á súa popularidade, foi elixido por Sony para poñerlle voz ao personaxe do xogo Sorcery da PlayStation3.
En Ensueños, o espectáculo co que estará en Burela en outubro, a maxia cobra vida. Baséase nun diálogo entre Jorge Luengo e o público que da lugar a unha divertida comedia que derivará en grandes aparicións, adiviñacións inimaxinables e levitacións imposibles.