Maratón
12/08/2016
Alfoz acolle este sábado, 13 de agosto, o I Maratón de pintura ao aire libre que comezará ás 10:00 horas e prolongarase ata as 18:00 horas.
Poderán participar todos os pintores que o desexen con independencia da súa nacionalidade, residencia e idade. Haberá unha categoría infantil ata 16 anos e outra senior. A temática será referida ao concello de Alfoz podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres e o material utilizado que terá que aportar o participante, poderá ser calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
Os participantes deberán inscribirse...
leer más 14/03/2016
O Concello abriu esta noite o prazo de inscrición na III Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que foi presentada esta tarde.
A proba terá lugar o 10 de setembro con saída ás 17:00 horas das inmediacións Concello. O edil de Deportes, David Rivas, salientou que “este ano adiantouse unha hora o comezo dada a diferenza de chegada entre os primeiros e os últimos participantes para evitar o risco que poida supor correr case de noite pola zona”. O concelleiro nacionalista engadiu: “considerouse a posibilidade de que o percorrido rematase en Ribadeo en vez de nas Catedrais, pero descartámolo porque nos pareceu que perdía parte do encanto e da intención da carreira, que era a posta en valor e a reivindicación das Catedrais como espazo protexido”. O responsable de Deportes tivo...
leer más 28/08/2015
Faltan dúas semanas para que se celebre segunda edición da Media Maratón Ribadeo-As Catedrais e xa son 550 as persoas inscritas para participar. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, que anima aos interesados a inscribirse, xa que o prazo para facelo segue aberto. O rexedor destacou a boa acollida da iniciativa e a participación de corredores de diferentes lugares do estado e mesmo do estranxeiro.
Suárez Barcia dixo que “está indo moi ben o número de inscritos, hai máis de 500, concretamente 550 inscritos. O que nos gusta é que esta carreira comeza a internacionalizarse, ademais de xente de Galicia, loxicamente, e de Asturias tamén, hai xente de Madrid, de Segovia, do País Vasco, algún de Sevilla, e tamén de Irlanda. Inscríbense porque queren vir aquí polo...
leer más 08/07/2015
O 12 de setembro celebrarase a II Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. O evento foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Deportes, David Rivas. A inscrición ábrese ás doce desta noite.
O rexedor dixo que “despois desta experiencia tan marabillosa que tivemos o ano pasado na primeira edición desta sorprendente proba deportiva, que se realizou aquí en setembro coa que intentamos conxugar o deporte, o espírito deportivo, o esforzo, pero tamén a reivindicación do noso patrimonio natural, que temos afortunadamente aquí, en Ribadeo, tanto na propia praia das Catedrais en si, algo visitado por centos de miles de persoas de todo o mundo, como tamén nun litoral que escapou ás gadoupas daquela burbulla...
leer más 24/03/2015
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza un maratón de tute. Será no local social de Trasbar o vindeiro 18 de abril ás 17:00 horas. O prezo da inscrición é de 35 euros por persoas, cea incluída. As persoas interesadas poden anotarse nos seguintes números de teléfono: 625 081 637 ou 605 158 373 e tamén na dirección de correo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es
Os premios por parellas son os seguintes: a 1ª parella clasificada levará 500 euros máis trofeo; a 2ª obterá 300 euros; a 3ª gañará 200 euros e a 4ª parella clasificada obterá 100 euros.
No caso da 1ª repesca os gañadores levarán 200 euros e os segundos clasificados obterán 150 euros. E na 2ª repesca a primeira...
leer más