Maratón de tute no Local Social de Trasbar, en Cervo, o 18 de abril con importantes premios en metálico para as parellas gañadoras.

Maratón de tute no Local Social de Trasbar, en Cervo, o 18 de abril con importantes premios en metálico para as parellas gañadoras.
 
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza un maratón de tute. Será no local social de Trasbar o vindeiro 18 de abril ás 17:00 horas. O prezo da inscrición é de 35 euros por persoas, cea incluída. As persoas interesadas poden anotarse nos seguintes números de teléfono: 625 081 637 ou 605 158 373 e tamén na dirección de correo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es
Os premios por parellas son os seguintes: a 1ª parella clasificada levará 500 euros máis trofeo; a 2ª obterá 300 euros; a 3ª gañará 200 euros e a 4ª parella clasificada obterá 100 euros. 
No caso da 1ª repesca os gañadores levarán 200 euros e os segundos clasificados obterán 150 euros. E na 2ª repesca a primeira parella levará 150 euros e a segunda 100 euros. 
Os organizadores sinalan que “haberá premios para 32 parellas. E no caso de seren menos parellas, os premios serán proporcionais ás inscritas”.