Local
O vindeiro luns, 5 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para Xornada de Historia Local de Alfoz, que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro o 17 de xullo.
Desde o Concello lembran que “ese día tería que celebrarse o tradicional Mercado Medieval que, por motivos obvios non terá lugar no seu formato habitual, pero si con diversas actividades”.
E engaden: “haberá exposición de traxes medievais do 13 ao 25 de xullo; desenvolverase a Xornada de Historia Local, con aforo limitado para 20 persoas. Pola mañá haberá un ciclo de conferencias e pola tarde unha visita guiada ao Pazo de Carrocide. E desenvolverase o concerto do Grupo Tundal, música tradicional galega, ás 22:00h no exterior do Castelo”.
O Concello de Cervo acondiciona unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, achegáronse ata o edificio para supervisar os traballos que se realizan este días cun dobre obxectivo “brindarlle aos diferentes colectivos un espazo adecuado para o desenvolvemento da súa actividade; ao tempo que lle damos unha nova vida a este edificio municipal tan emblemático con máis dun século de historia”.
A adecuación da vella escola de San Román -inaugurada no ano 1915- vai en consonancia coa filosofía que persegue este equipo de goberno, “pois buscamos, na medida do posible, que os diferentes espazos municipais teñan a súa utilidade, poñéndoos, ao servizo da veciñanza; ben de persoas...
leer másO Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa, a Deputación de Lugo e ABanca pon en marcha a segunda edición da Pancha, a nosa moeda local para dinamizar a economía local e dar liquidez aos sectores máis afectados pola crise sanitaria da Covid19. A novidade deste 2020 é que a pancha tamén poderá empregarse na hostalería, ademais de no comercio e no sector servizos. A campaña, que foi presentada esta mañá, desenvolverase do 9 de outubro ao 1 de decembro. Son 150.000 euros os que se moverán cos 3.700 packs de panchas que se poderán canxear.
O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello pon en marcha de novo a campaña Pancha, a nosa moeda local, xunto coa Deputación de Lugo, Acisa e ABanca co obxectivo de apoiar e dinamizar a economía local do municipio e dar liquidez aos sectores máis...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza retoma súas actividades culturais e organiza do 21 ao 23 de agosto as XVIII Xornadas de Historia Local. Nesta ocasión centraranse en explicar a historia de Ribadeo a través da toponimia da contorna.
O venres, 21 de agosto, ás 20:30 horas, o Auditorio de Cabanela acollerá a charla impartida por Rocío Dourado Fernández “O que ten nome existe: toponimia do concello de Ribadeo”. En caso de choiva o acto trasladarase á Casa do Mar.
O domingo, día 23, ás 19:30 horas en Porcillán, haberá un paseo en barco guiado por Antonio Vidueiro, Víctor M. Díaz e Ángel Prieto, que falarán da "Talasonimia da Ría de Ribadeo". O aforo será limitado por mor da crise sanitaria, polo que os interesados en asistir deberán inscribirse vía WhatsApp no 649631903.
Estas xornadas...
leer másO Concello de Ribadeo pon en marcha unha iniciativa para fomentar unha alimentación de proximidade na vila ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronavirus.
Co lema Ribadeo Agroalimentario, por unha alimentación máis próxima as Concellarías de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo xunto coa de Igualdade, Ensino e Mocidade queren poñer en valor o traballo das persoas produtoras e provedoras de produto local ante as actuais circunstancias e animan ao consumo responsable, xusto para as produtoras e sostible ambientalmente. Esta iniciativa aglutina os programas de entrega a domicilio de produtos das praceiras e praceiros do Mercado de Abastos así como das produtoras de horta de Ribadeo.
Para o desenvolvemento desta campaña activouse unha web agroalimentario.ribadeo.gal dentro do portal...
leer másEl restaurante ribadense A Horta de San Roque cerró desde la tarde de hoy, viernes, para prevenir el contagio del coronavirus. Y anuncia que permanecerá en esta situación hasta nuevo aviso.
A Federación de Comercio A Mariña lanza unha nova campaña de concienciación nos medios de comunicación para potenciar as compras no comercio local durante o Nadal.
Desde a FCAM o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o que pretendemos con esta campaña é darlle visibilidade a todas as potencialidades comerciais e turísticas que ten esta comarca. Pretendemos que os mariñáns segan apoiando ao seu comercio, ao que teñen ao carón da casa, a ese que é o que fai pobo. Pero tamén queremos que esta comarca reciba visitantes durante a maior parte do ano. Sempre é un bo momento para achegarse á Mariña, tamén no outono e no inverno, para pasear, para tomar algo, para saborear a súa gastronomía e para mercar no seu comercio”.
Paleo fai unha chamada á unión: “é fundamental estar unidos para resistir ás condicións...
leer másO próximo venres, 15 de novembro, ás 20.30 horas terá lugar un acto cos seguintes obxectivos: fomentar o consumo local e transmitir a importancia da innovación para as pequenas empresas.
O acto será presentado polo alcalde José Demetrio Salgueiro, a continuación a axente de emprego e desenvolvemento local, Rosa Lage, dará a coñecer as accións que compoñen a campaña chamada “Míranos. Emprendemento e Comercio Local” para dar paso a dúas emprendedoras que exporán a propia experiencia emprendedora e empresarial: Nieves Medina, de Conservas Artesanas Curricán (emprendedora local) fará a súa intervención que leva por título “Tradición e Innovación no local” e Elena Ferro de Eferro (emprendedora invitada) falará de emprender e dignificar dende o local.
A este evento porá música o Grupo Vocal SondeNós que interpretará as...
leer másAta as 11:30 horas deste xoves, 4 de abril, máis de 30 persoas pasaran xa pola oficina de ABanca, en Ribadeo, para conseguir as súas panchas, a moeda local que estará en curso entre o 5 de abril e o 5 de maio. Cada persoa pode canxear 30 euros por 40 panchas, que terán un valor de 40 euros, para gastar nos máis de 80 establecementos que participan na campaña de dinamización do comercio local que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa e de ABanca.
Polas oficinas desta entidade bancaria para facerse coas súas panchas pasaron tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Comercio, Ana Martínez, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación, Jesús Pérez.
O rexedor declarou que “é gratamente sorprendente vir, a esta primeira hora da mañá, facer os primeiros...
leer másDesde Acisa como asociación que engloba a la mayor parte del comercio y coorganizador de la campaña A Pancha, nuestra moneda local, junto con el Concello de Ribadeo, con la colaboración de ABanca, “animamos a todos los comercios de nuestra villa, socios y no socios, a participar en esta campaña tan importante, que esperamos sea un revulsivo para el tejido comercial ribadense”.
El plazo de inscripción sigue abierto hasta el próximo miércoles, 3 de abril, y la forma de adherirse es muy simple, con tan solo cumplimentar debidamente el documento de adhesión y aportar una copia del CIF, del TC2 o en su caso el certificado negativo de inscripción de empresas (para quien no tenga trabajadores) y el certificado del epígrafe del IAE es suficiente. Dicha documentación puede ser presentada en las oficinas del ADL del Concello de Ribadeo o en caso de...
leer más