A Librería Bahía de Foz celebrará o día do libro infantil e xuvenil cunha actividade destinada a nenas e nenos a partires de 4 anos. Versará sobre o libro “Sin título” e contará coa presenza de Paz Quiroga e Rosa López. As prazas son limitadas, polo que se precisa inscrición previa. Será ás 12 do mediodía.
Desde a Librería Bahía explican que coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen cada ano o 2 de abril conmemórase o día do libro infantil e xuvenil.