Mozos
Ata o 12 de abril está aberto o prazo para participar no III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Establécense tres modalidades: relato curto, poesía e debuxo. E haberá un premio de 500 euros por categoría. O Certame foi presentado esta tarde no salón de plenos polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista dixo que “un ano máis vén a primavera tamén para o mundo das letras e por terceiro ano o Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas do Concello de Ribadeo ve a luz. É un pracer ademais facelo diante desta imaxe tan preciosa que resultou gañadora o ano pasado, a edición anterior”.
Farruco Graña indicou que “pouco a pouco vai collendo forma e queremos animar aos mozos e mozas de Ribadeo, por suposto, e de toda A Mariña luguesa a que participen neste terceiro...
leer másAta o 2 de xuño está aberto o prazo de inscrición nas Actividades de Verán Ribadeo Mozx, que organizan o Concello ribadense e a OMIX para @s nen@s e moz@s. O sorteo das prazas terá lugar o 7 de xuño e o prazo para presentar o xustificante de pago será do 12 ao 19 de xuño. A información e recollida dos impresos debe facerse na OMIX, na Casa da Xuventude, e a inscrición no Concello. En todas as actividades terán preferencia os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.
A oferta do Concello para este verán serán Colonias de verán para os nenos e nenas de infantil do 3 ao 28 de xullo. Haberá xogos, obradoiros, deportes e actividades lúdicas e recreativas e unha festa acuática o 25 de xullo. Haberá tamén estas colonias nas mesmas datas para os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria e para os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de...
leer másUn obradoiro de origami, un contacontos e unha xornada lúdica son as propostas do Concellaría de Mocidade e da OMIX para @s máis nov@s durante a vindeira Semana Santa.
Mozos e mozas a partir de 10 anos poderán acudir os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 11:30 a 13:30 horas á Casa da Xuventude a un obradoiro de origami. As prazas son limitadas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse na propia Casa da Xuventude.
O 10 de abril haberá un contacontos na Biblioteca Municipal a partir das 17:30 horas. Sole Felloza chega a Ribadeo co seu Calendario de contos. A entrada é gratuíta. A actividade enmárcase no ciclo Ler conta moito.
E o 11 de abril de catro a sete da tarde no parque de San Francisco terá lugar unha xornada lúdica con inchables, carpa multimedia, animación musical e...
leer más