A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o seu andareiro de despedida do verán o vindeiro domingo, 1 de setembro.
A xornada constará de dúas partes, pola mañá un percorrido pola ruta do ferrocarril na Pontenova e pola tarde un descenso en piragua polo Eo. O día rematará cunha espicha en San Tirso de Abres. A saída será ás 8:30 horas de Ferreira e ás 9:00 de Foz.
Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossesndeiros@yahoo.es. O prezo é 40 euros para os socios federados, 44 euros para os socios non federados e 48 euros para os non socios. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o día 25 de agosto.
A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio e recomenda levar equipo de sendeirismo.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.