O pavillón Torques de Marzán, en Foz, acollerá o 17 de xullo un workshop de danza que impartirán os bailaríns Iago Alonso e Pablo del Pozo.

O 17 de xullo o pavillón Torques de Marzán, en Foz, acollerá un workshop de danza que impartirán os bailaríns Iago Alonso e Pablo del Pozo. 

Segundo subliñan desde a Concellería de Xuventude e Deportes “estes dous profesionais achegarannos á danza clásica, moderna, urbana e contemporánea nunha completa xornada que se iniciará ás once da mañá e rematará ás sete e media da tarde”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 652 508 534 (Iago).