Foz
05/10/2015
A asociación Os Sendeiros de Foz vai estar presente o próximo 25 de outubro o Encontro Astur-Galaico, que organizan en Vegadeo os membros do grupo Pandela. O colectivo chama á participación do máximo número de xente posible nas dúas rutas propostas, unha de nove quilómetros e outra de 17, de dificultade media. O xantar será no recinto feiral organizado polo grupo anfitrión. O prezo é de 15 euros e inclúe a comida.
A saída está prevista para o domingo 25 outubro as 8:30 horas, do Concello.
O derradeiro día para anotarse é o 16 de outubro nos teléfonos 696236020 (Luciano) ou 670369017 (Morís). Tamén é posible anotarse no correo electrónico ossendeiros@...
leer más 02/10/2015
A Festa do Mexillón que organiza o Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz desenvolverase en 18 establecementos hostaleiros da vila durante a ponte do Pilar, do 10 ao 12 de outubro.
Neste evento gastronómico participan A Bolera, A Funcional, A Soalta, A Viela, Bar 78, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Cervecería Portovello, Hostal O Norte, Marexada, O Muelle Bar, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte Mesón, Pescadería Cetárea Mar Cantábrico, Pizzería Xoiña, Restaurante Dandy e Restaurante Fina.
Desde o Centro Comercial Aberto animan “á xente que nos visite eses días e aos veciños e veciñas de Foz e da comarca da Mariña a achegarse a saborear este produto, que atoparán preparado de diversas maneiras”. A...
leer más 02/10/2015
O vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición A Maruxaina e outras sereas, do libro do mesmo nome e composta por esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas.
O evento, que se celebrará na sala de exposicións do Cenima, contará coa presenza do alcalde, Javier Castiñeira, e do presidente da asociación Os Aventados.
A Maruxaina e outras sereas poderase ver no Cenima ata o 31 de outubro. Durante todo este mes haberá diversas actividades complementarias arredor desta exposición. O día 16 pola mañá desenvolverase un relatorio para escolares sobre a Relación entre saúde e elementos utilizados na fabricación de recipientes de cerámica, a cargo de Otero Regal. O 23 proxectarase o...
leer más 28/09/2015
Un novo grupo teatral vai nacer no concello de Foz. En concreto, na parroquia de San Martiño. Trátase do Grupo O Centiño, que o vindeiro 24 de outubro vai estrear a súa primeira obra, titulada "O caldeiro máxico". A estrea terá lugar no local que a veciñanza de San Martiño ten en Ferreiravella. Logo o grupo actuará, dentro do programa Buxiganga, nos concellos de Alfoz, Begonte e Ferreira de Pantón.
23/09/2015
O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada....
leer más 22/09/2015
As Escolas Deportivas Municipais de Foz presentan mañá, mércores, ás 18 horas na Casa da Cultura de Foz, coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, as súas actividades para a vindeira temporada, que comeza o vindeiro luns, 28 de setembro. As disciplinas, sete en total, van dirixidas a nenos e nenas nados a partir do 2000 ata o 2012. O prazo de inscrición está aberto.
Os nenos nados en 2011 e 2012 tamén teñen unha actividade específica para eles, os Pequexogos, que se desenvolverán na Sala Bahía, de 16:15 a 17:15 horas os mércores e os xoves de 18 horas a 19 horas. Con ela quere facilitarse a relación con outros nenos e a aprendizaxe de valores de xogos, así como a iniciación para a práctica de futuros deportes.
... leer más 22/09/2015
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz ten previsto desprazarse o próximo 4 de outubro á Ribeira Sacra para facer a ruta da Cubela, no municipio de Ribas do Sil. A saída está prevista ás 7:30 horas dende o Concello de Foz e o prazo para inscribirse na actividade pecha o 2 de outubro. Poderase facer nos teléfonos 696 23 60 20 (Luciano) ou 670 36 90 17 (Morís). Tamén é posible a inscrición no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten unha dificultade media. A actividade non inclúe seguro se accidentes, así que cada participante farase cargo dos danos que poda sufrir. A comida será por conta propia no San...
leer más 21/09/2015
O grupo de teatro O Pico do Castro, de Foz, levará a escena a súa obra O consultorio este venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura focense. A cita é as 21 horas e a entrada é gratuíta.
Esta actividade conta coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Foz.
17/09/2015
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da “Festa da Palabra”, os días 23, 24 e 25 de setembro na Sala de Exposicións do CENIMA e na que contará coa participación de María Lado, Lucía Aldao, Laura Branco de la Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras.
A programación prevista é a seguinte:
- O mércores, 23 de setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA arranca a actividade co espectáculo literario, musical e humorístico “Aldaolado”, a cargo de María Lado e Lucia Aldao.
- O xoves, 24 de setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA a quenda corresponderalle á poeta focega Laura Branco de la Barrera, autora do poemario “Doenças dum espelho”.
... leer más 14/09/2015
O ciclo Cinema no Cenima de Foz volve este xoves, 17 de setembro, ás 20:30 horas coa proxección da película O ouro do tempo (The value of time), de Xabier Bermúdez. O filme reúne a actores como Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés ou Marta Larralde.
A apertura da taquilla efectuarase ás 20 horas e o prezo da entrada será de 3 euros. A proxección forma parte do programa Cinemas de Galicia, do Agadic.