A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, día 12, ás catro e media da tarde unha representación de teatro infantil organizada pola Delegación de Cultura do Concello focense.
A compañía Eme2 ofrecerá a obra teatral con monicreques titulada Jim e a Illa do Tesouro. Está dirixida ao público infantil a partir de 5 anos e ten unha duración de 60 minutos. Os prezos das entradas son de 1,5 euros para os nenos e nenas e de 2,5 euros para os adultos.