A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 17, a décimo primeira edición do encontro internacional de corais Villa de Foz, que organiza a coral polifónica focense e que conta co patrocinio do Concello.
A partir das 19:30 horas a Coral Polifónica de Foz actuará xunto ás agrupacións Coral Erreniega, de Cendea de Cizur (Navarra) e Grupo Coral David de Sousa, de Figueira da Foz (Portugal).
Cada unha das tres corais interpretará cinco cancións e ao final do encontro as tres formacións cantarán conxuntamente O Voso Galo, peza que dirixirá a titular da coral de Foz, Carmen Alonso.