Foz acollerá os días 28 e 29 de novembro unha campaña gratuíta de imprimación de lunas de vehículos organizada pola delegación local de Seguros Mapfre.

Foz acollerá os días 28 e 29 deste mes, martes e mércores da vindeira semana, unha campaña gratuíta de imprimación de lúas de vehículos organizada por la delegación local de Seguros Mapfre. Será o martes 28 na zona portuaria focense, concretamente xunto á piscina municipal, e o mércores 29 na avenida de Álvaro Cunqueiro, enfronte ás oficinas de Mapfre Foz.

Todos os interesados, sexan clientes de Mapfre ou non, deben levar o seu coche a eses lugares e expertos de Cristalbox aplicaranlle ao parabrisas a imprimación que repele a choiva polo que permite ter maior visibilidade durante a condución. E ademais realizarán un tratamento con ozono no interior do vehículo para eliminar malos cheiros e bacterias. Todo de maneira totalmente gratuíta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Esta actividade levarase a cabo se as condicións meteorolóxicas o permiten, porque se chove terá que ser aprazada para outros días.

A delegación de Seguros Mapfre en Foz, que está na Avenida de Álvaro Cunqueiro, número 25, reabriu no pasado mes de outubro con nova dirección, a cargo de Maite López Rego. Na oficina tamén traballa Lorena Seivane García, como xestora de clientes.

A oficina de Mapfre en Foz está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Os teléfonos de atención aos clientes son o 982.132.152 e o 619.24.96.60 e tamén poden contactar a través do correo electrónico lopemt@mapfre.com.