A parroquia de Masma, en Mondoñedo, celebra as súas festas na honra a San Andrés e a Inmaculada Concepción este sábado, día 30 de novembro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú amenizada polo grupo Lume e ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular.
Ás 18:00 horas haberá unha sesión musical de tarde a cargo do grupo Lume e o dúo Somos Latinos, que tamén actuarán na verbena, desde as 21:00 horas.
A organización dos festexos destaca que haberá servizo de bar, baños, recinto cuberto con carpa e calefacción e amplos aparcamentos.