A compañía Os Monicreques de Kuka presentará o seu espectáculo “Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)” en Ribadeo este domingo, 17 de marzo. Será ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O prezo da entrada xeral é de 5 euros e para menores de 12 anos será de balde.
O Concello de Ribadeo explica que é un “espectáculo para público familiar coa música de Vivaldi inspirando pequenas historias que valoran a importancia da natureza e a amizade. Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón), crean un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastadas”.