A compañía teatral Bandullo azul presenta en Foz o espectáculo para público familiar “Filipa cos contos” este domingo, 7 de abril. Será na Casa da Cultural ás 12:00 horas con entrada de balde.
“Este domingo contacontos para gozar en familia con Bandullo azul. Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto cativa/os como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar… Desde as súas distintas visións dos contos populares”, anuncia o Concello de Foz.