Familias

Etiquetas:
09/05/2019

O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recupera a Festa das Familias, con motivo da celebración do 50º aniversario do centro nas súas actuais instalacións da rúa Carlos III. O evento terá lugar na área recreativa de Santa Cruz este sábado, día 11.

Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón anuncian que “con motivo da celebración do 50 aniversario do noso centro queremos retomar a Festa das Familias, coa que antes celebrabamos a fin do curso e que agora será unha xornada de confraternidade da comunidade educativa. Por iso convocamos o sábado 11 de maio en Santa Cruz ó redor das 14:00 horas a todas as familias e grupos (de alumnos, ex alumnos, profesores, amigos,...) que queirades acompañarnos. Lembrade levar todo o necesario, xa que en Santa Cruz non se dispón do servizo de bar na actualidade. Ás 17:00 horas todos/as pequenos/as...

leer más
Etiquetas:
14/11/2018

A Librería Bahía, de Foz, organiza varios actos con motivo da conmemoración do Día das Librerías, que se celebra este venres, 16 de novembro.

Ás 20:30 horas terá lugar unha presentación-coloquio coa escritora burelesa Antía Yáñez, que presentará a súa novela Senlleiras. Antía Yáñez gañou con esta novela o premio Illa Nova de narrativa convocado pola editorial Galaxia, para promocionar a autores novos. Trátase dunha historia que aborda os malos tratos a través da vida de dúas mulleres afastadas no tempo pero con moitas cousas en común. Antía Yáñez tamén ven de gañar o premio Fina Casalderey para literatura xuvenil de temática feminista, coa obra A Reconquista. Este encontro con Antía Yáñez está organizado en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco.

O sábado, 17 de novembro, ás 12:00 horas, tamén na...

leer más
Etiquetas:
15/03/2018

O día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Na Librería Bahía vano celebrar este sábado, día 17, ás doce da mañá, cunha sesión de Familias que contan entorno ao libro “Poemar o mar”, de Antonio García Teijeiro. 

As encargadas desta sesión srán a libreira Cielo Fernández e a súa filla, Agua Menacho.
Antonio García Teijeiro recibiu por este libro o premio nacional de literatura infantil o ano pasado, isto quere dicir, que este premio recaeu nun libro galego, e ademais nun libro de poesía, o que da idea da calidade deste libro. 

“Achegar a poesía aos pícaros e facelo de xeito divertido e lúdico é o que pretendemos con esta nova sesión de Familias que Contan dedicada nesta ocasión á poesía”, explican desde Librería Bahía. 

 

Etiquetas:
08/11/2017

Este sábado, 11 de novembro, na Librería Bahía haberá “unha nova sesión de Familias que contan, o proxecto que levamos adiante na librería no que son as propias familias as que preparan unha historia para contar, aberta a todo o público”, explican desde este establecemento. 

O sábado ás doce da mañá a historia vai ser “O peixe de cores”

Van contar: Ana Belén Otero Montenegro coa súa filla Sofía Cordal Otero e Isabel Sánchez Corral co seu fillo Adrián Fernández Sánchez.

Ademais o 10 de novembro celébrase o día das librerías, “e este día teremos un 5% de desconto en todos os libros –desconto máximo permitido pola lei do libro- e celebraremos unha sesión do obradoiro de escritura que leva adiante na Librería Bahía o poeta Eduardo Estevez”, engaden.