Do venres, 30 de marzo, ao domingo, 1 de abril, celébrase no porto de Espasante, en Ortigueira, a IV edición da Festa do Polbo.
O venres 30 a partires das 13:00 horas haberá sesión vermú con Souto Xímaro. O sábado 31 a sesión vermú desde as 13:00 horas estará amenizada por Berros do Castro. Desde as 13:00 horas haberá inchables para os nenos, e os dous días Feira de Artesanía e Alimentación desde as 12:00 ata as 20:00 horas.
Poderá degustarse empanada de polbo con algas ao prezo de 5 euros, polbo á feira a 10 euros e polbo con fabas de Lourenzá a 10 euros. Haberá dúas carpas instaladas no miradoiro da praia de San Antonio. Os organizadores subliñan que se trata de “polbo da ría 100%”. Ademais do venres ao domingo terá lugar, no centro social, unha exposición de patchwork da AC Gamelas e Anduriñas.
O venres 30 e o sábado 31 tamén haberá bus gratuíto cada hora, entre as 12:00 e as 18:00 horas, desde Espasante ata Loiba para visitar The best bank of the world.