Presentadas as escolas deportivas municipais de Cervo para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 de setembro.

Presentadas as escolas deportivas municipais de Cervo para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 de setembro.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez, e a de Xuventude, Dolores García Caramés, presentaron as escolas deportivas municipais para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 deste mes de setembro e previamente, o día 24, terá lugar a presentación oficial no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. 
 
José Ramón Soto explicou que esta iniciativa “esta en marcha dende no Concello de Cervo dende o ano 2007, o que representa unha clara aposta polo deporte base por parte deste Concello, como no podería ser de outra forma. A tempada pasada pechouse con 300 participantes, entre adultos e nenos, e pensamos que nesta edición manterase o número de participantes e incluso poderase superar”.
 
O edil de Deportes engadiu que “algunhas das actividades que se poderán realizar, sempre que haxa un número mínimo de inscricións, son: pequexogos para nenos, baloncesto, fútbol sala, patinaxe artística, tenis, tenis de mesa, bádminton, hóckey, atletismo, orientación, pádel, skate, zumba, aerobic, voleibol, ludoarte, ximnasia de mantemento ou pilates”.