O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de persoas adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa Comunidade.
Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, dando comezo o vindeiro 3 de outubro.
Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que “entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.
Ante calquera dúbida, poderán solicitar máis información na Casa do Concello ou ben chamando ao 982 586 000 ou 982 580 609.