Do 29 ao 31 de xullo celebrarase en Ribadeo o X Curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna.

A asociación Bruar organiza a décima edición do curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo que se desenvolverá dos días 29 e 31 de xullo.

A actividade, que terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza, será impartida por Javier Constenla ao piano, Gileno Santana á trompeta, José García ao saxofón, Aurora Arteaga á voz, Virxilio Da Silva á guitarra e Chus Pazos á batería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 677 734 084.

Colaboran na organización deste curso: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.