Cultural
O Concello de Foz programa 19 actividades desde hoxe, martes, ata este domingo, día 23, dentro da iniciativa Cultura na Rúa.
Na tarde noite de hoxe, a partir das 21:00 horas, haberá teatro para nenos e nenas no Colexio Nº 1 a cargo do grupo infantil A Adala, de Fazouro, que representará a obra Dragón e cabaleiro. Á mesma hora na pista polideportiva da parroquia de San Martiño terá lugar a proxección da película Jumanji 3.
Mañá, mércores, DJ Popy actuará na rúa Juan Montes ás 12:00 e ás 18:00 horas para amenizar a actividade Comercio na Rúa. E no pazo do Conde de Fontao ás 20:30 horas haberá un recital de piano, incluído dentro da programación do festival Bal y Gay, acto para o que as entradas están esgotadas.
O xoves 20 na rúa Juan Montes actuará DJ Alex ás 12:00 e ás 18:00 horas para...
leer másO programa dará comezo o mércores, 5 de agosto, cunha ruta de sendeirismo dende a Ribeira do Bispo ata o Refuxio de Auga Caída de 12 quilómetros de percorrido. A saída será ás 9:30 horas en coches particulares dende a Casa da Cultura do Vicedo.
Tamén o mércores 5 ás 21:30 horas na Casa da Cultura, celebrarase o concerto 24 instrumentos musicais galegos a cargo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Trátase dunha viaxe a través dos instrumentos da tradición musical galega como distintos tipos de gaitas, a zanfona, acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubios, así como unha grande variedade de percusións con bombo, tambor, pandeireta, pandeira, pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou o charrasco.
O mércores 12, ás 10:00 horas, haberá outra de ruta de sendeirismo por Ponte Ulló, Morgallón e as Ribeiras do Sor de 10...
leer másMúsica, teatro, danza e espectáculos para os máis pequenos e pequenas da casa conforman a axenda cultural do Concello de Ribadeo para as vindeiras semanas, que hoxe foi presentada pola concelleira Pilar Otero. A programación arrinca este venres, 24 de xullo, cun concerto de MJ PÉREZ no Teatro.
A edil ribadense dixo que “nunca presentaramos unha programación cultural nunha situación parecida.O confinamento puxo en evidencia que a cultura lle presta un servizo á sociedade. Non só xerando produtos de lecer senón tamén dinámicas de cohesión social. É por iso polo que confeccionamos un plano cultural para o verán que tenta verse afectado o menos posible pola situación que vivimos. Así, logo de reorganizar os nosos espazos para adecuarnos ás condicións que se nos piden para frear a covid, neste plano de eventos para os meses de agosto e...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, manifesta o apio do Concello de Ribadeo ao sector da Cultura e anuncia que se está a reprogramar para o último cuatrimestre do ano a programación que estaba prevista para maio e xuño. A Concellaría ten intención de manter unha axenda cultural durante o verán, que estará moi determinada pola evolución da pandemia.
A edil ribadense dixo que “desde o Concello de Ribadeo manifesta o apoio ao sector da cultura nos termos reflectidos na carta feita pública pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Un apoio das administracións que sabemos que resulta imprescindible nestes momentos en que a pandemia do coronavirus fai máis difícil as condicións de traballo dun sector, que xa normalmente está marcado pola inestabilidade e a precariedade”.
Pilar Otero explicou que “...
leer másOs domingos 12 e 26 continuará o ciclo Burela de Cine con películas infantís. Será ás 18:30 horas e a entrada é gratuíta.
O 17 de xaneiro haberá teatro en inglés para escolares de primaria coa actuación de Cia. OnStage Company. Desenvolverase en horario de mañá e está organizado por Afundación Obra Social Abanca.
Ademais ata o día 15 de xaneiro na Sala de Arte poderá visitarse a exposición Postais de Nadal. E do 20 ao 30 de xaneiro estará aberta a mostra de Manualidades dos Cursos de Muller.
Colaboran co Concello de Burela na organización destas actividades: a Xunta de Galicia, Falaredes, Buxiganga Proxecto Teatro Afeccionado 2019 e Deputación de Lugo.
A axenda cultural do Concello de Burela para o mes de novembro inclúe teatro afeccionado para adultos e nenos, unha charla sobre alimentación saudable centrada na dieta atlántica, unha exposición fotográfica do club Imaxe de Burela e a V Festa da Castaña, que terá lugar o día 8 a partir das sete da tarde. Ademais de castañas, bebida e bolos preñados haberá sorteo de vales de compra da Acia local, a actuación de Ledicia e un obradoiro para os máis pequenos da man de Gaia.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “xa temos preparada a programación do mes de novembro en Burela. Todos os eventos que hai este mes son gratuítos porque imos ter bastante teatro afeccionado con grupos que xa estiveron aquí e outros que debutan”.
O edil subliñou: “me gustaría destacar a presenza de Adala Infantil, o grupo de teatro...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou a axenda para último trimestre desde 2019. Haberá teatro afeccionado e teatro profesional. Desde Arxentina chegará o grupo El Vacío Fértil. A música tamén centrará a programación do Concello e así o 9 de novembro actuará en Ribadeo a compositora, cantante e contrabaixista estadounidense Tonina Saputo e o 17 de novembro estará en Ribadeo Xoán Curiel. Tamén pasarán por aquí a Coral Los Corrales de Buelna, de Cantabria, e o Quinteto de acordeonistas Lagunak, de Euskadi.
A edil nacionalista dixo que “a parte das propostas da Mostra de Teatro Daniel Cortezón, que se celebra desde hoxe e ata o domingo, neste trimestre actúan en Ribadeo e dentro do proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, dous grupos de Foz: Axóuxeres con Un divorcio no pobo e Touporroutou con Comedia Bífida. O teatro afeccionado...
leer másA Concellería de Cultura programa para o mes de outubro diversas actividades para nen@s, eventos musicais, teatrais e unha actuación de Serxio Pazos, que terá lugar o día 26.
Esta programación dará comezo o 5 de outubro co Teatro Marionetas Trécola que presentará a obra Xogo revolto, dentro do programa Ler conta Moito. Será ás 18:00 horas con entrada gratuíta. O domingo 6 ás 18:30 horas proxectarase unha película infantil dentro do ciclo Burela de Cine. A entrada será tamén gratuíta.
O 11 de outubro ás 21:00 horas a compañía El Vacío Fértil representará El mal de la piedra, dirixido a público adulto. O prezo da entrada é de 5 euros. O día 12 ás 18:00 horas Pablo Díaz presentará Contando números, cantando cores, dentro da campaña Ler conta moito, con entrada gratuíta.
O 19 de outubro ás 18...
leer másA axenda cultural do Concello de Ribadeo para o terceiro trimestre do ano inclúe exposicións no Forte de San Damián, concertos e actuacións da Banda Municipal de Música e da Coral Polifónica. O 9 de agosto estará en Ribadeo a Banda Sinfónica de Galicia, e a esta vila chegarán tamén en setembro Teatro del Cuervo e El Brujo. A programación inclúe propostas para os máis pequenos e pequenas da casa.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “logo da nosa cita cos libros en Letras no Campo e despois da grande festa do Ribadeo Indiano, imos seguir este percorrido pola nosa programación cultural cunha proposta da que xa poden gozar desde o pasado día 17 e ata fin de mes. Referímonos á exposición que se pode visitar no Forte de San Damián: Raia na area, unha proposta plástica excepcional, delicada e exquisita de Ana Barranco. Inmediatamente...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro 29 de xuño un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de A Pontenova. Aínda que dos detalles da xornada se informará máis polo miúdo, adiántase que se contará coa inestimable colaboración de Carlos Miranda Trevín para a visita do patrimonio relixioso (Conforto e Vilameá) e do antropólogo Miguel Losada para a visita etnográfica en Vilarxubín. Nesta xornada tamén se coñecerá o patrimonio relacionado co ferro.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Viveiro e faría as paradas intermedias necesarias ata A Pontenova. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 19:00, cunha pausa para o xantar de 14:00 a 16:00.
Para...
leer más