Cultural
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, valorou esta mañá o privilexio que supón desenvolver na cidade a iniciativa ‘No bico un cantar’, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega. Na súa quinta edición, este proxecto rende homenaxe aos poetas mindonienses a través das voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia. “A inclusión en ‘No bico un cantar’ converterá a Mondoñedo na capital da cultura galega o vindeiro día dous de xuño”, considera a rexedora.
Elena Candia participou esta mañá na presentación que se fixo da iniciativa no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, na que tamén participaron o presidente do Consello da Cultura Galega,Ramón Villares;o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o membro do...
leer másA Concellaría de Cultura presentou este mediodía a súa programación para o segundo trimestre do ano. Entre as diversas actividades que se desenvolverán durante os meses de abril, maio e xuño, haberá teatro para adultos e nen@s, música, encontros literarios, presentacións de libros e exposicións. E ademais continúan o ProxectoR con proxeccións no Teatro os mércores e o Apego para os bebés.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou que “comezamos esta presentación falando do evento desta fin de semana que se caracteriza por xuntar dúas constantes da nosa programación cultural, por un lado o apoio ao teatro afeccionado e por outro ofrecer actividades para o alumnado dos centros de ensino. Mutis por el foro é un dos grupos de teatro da Universidade de Navarra que representará unha adaptación da Odisea de Homero. O Teatro acollerá...
leer más