Cultural
A asociación cervense de Airiños do Xunco organiza unha Semana Cultural na Praza do Souto de Cervo para todos os veciños e visitantes que se queiranachegarao lugar.
As actividades comezaron este luns con debuxo infantil para os máis pequenos. Este martes 21 haberá hinchables, o mércores 22 xogos populares, o xoves 23 festa da auga e o venres 24 rematará a programación co concurso Master Chef Cervo.
Para inscribirse no concurso de Master Chef hai que faceloao longo da semana ben no número 600968344 ou ben nas propias actividades.
O bus cultural de Barreiros comezará as súas rutas este sábado, 14 de xullo. Estas viaxes, organizadas pola asociación Mar e Monte coa colaboración do Concello desenvolveranse todos os sábados ata o 8 de setembro. O bus cultural sairá ás once da mañá das inmediacións do centro de saúde e durante dúas horas fará un percorrido por diferentes lugares de interese, sobre todo do interior, aínda que nalgunha ocasión tamén incluirá visitas ás praias de Barreiros. O prezo para os adultos é de 2 euros e os nenos e nenas viaxan gratis. Estas rutas prevén tamén unha parada gastronómica.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, dixo que “o concello de Barreiros non é só praias, senón que tamén ten un interior que dá gusto coñecelo e visitalo. O Concello colabora coa asociación Barreiros Mar e Monte, que organiza estas viaxes culturais polo interior do...
leer másA Concellería de Cultura presentou hoxe a programación para este mes de xullo que inclúe, entre outras actividades, un concerto de jazz este xoves na praza da Mariña, o domingo 15 terá lugar unha nova edición do rastrillo popular solidario, o día 18 haberá cine ao aire libre, e a finais de mes, do 27 ao 29, celebrarase a Romaría do Monte Castelo.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “es una programación que se basa principalmente en las fiestas que coinciden en este mes de julio, la castrexa que ya pasó, el 6 y 7 de julio, y luego la romería del Monte Castelo que será los días 27, 28 y 29 de julio”.
O edil sinalou que “en verano dejamos un poco de lado las actuaciones en el auditorio, que creo que es mucho mejor en invierno y en otras épocas del año. El verano es más de estar en la calle, disfrutando de...
leer másA axenda cultural do Concello de Ribadeo para o terceiro trimestre do ano comezará coa Feira do Libro, coas antevésperas e coas vésperas do Ribadeo Indiano. Ao longo destes tres meses terá lugar a XI edición de Mariñarte, o 8º curso de iniciación ao jazz, o SonRock, a proxección de Dhogs, e as actuacións que o Mago Antón ofrecerá en Cedofeita e en Ribadeo. Actividades para os nenos e nenas, exposicións e moita música completan a programación cultural presentada esta tarde no Concello.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “hai distintos xéneros e actividades. En artes plásticas vai haber unha exposición de Cris Andina no Forte de San Damián, que leva por título Outra pel, outro rostro, para que coñezamos un pouco máis o mundo da escena en Galicia. Toda unha serie de actores e actrices coñecidos por nós, pero desde a súa...
leer másMariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o día 16 xuño para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, “contaremos cunha guía que nos acompañará durante o percorrido”, explican os organizadores.
E engaden que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con paradas intermedias). As persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns 11, para termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan. En caso de non haber suficiente xente...
leer másA axenda cultural de Ribadeo para os meses de abril, maio e xuño ofrece moita música e teatro. Pasarán por Ribadeo en maio e xuño Miro Casabella e a Vargas Blues Band. E do 29 de xuño ao 1 de xullo desenvolverase a Feira do Libro no parque de San Francisco.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, explicou na súa comparecencia desta mañá que “a imaxe de portada do tríptico que recolle a programación, foi deseñada por Fernando Fernández Páez, unha imaxe preciosa que fai referencia ao xermolar dunha nova vida como corresponde sempre á primavera. Ademais poñemos unha imaxe de María Victoria Moreno, que é a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas”.
O edil ribadense contou que “queremos empezar destacando todo o relacionado co programa Apego no cal se integrou o Concello de Ribadeo. Temos teatro...
leer másA programación cultural de Burela para o mes de abril arrinca este semana con varias actividades. O domingo, día 8, haberá unha nova edición do rastrillo popular solidario, que se celebrará de 10 a 15 horas na praza da Mariña e tamén unha nova sesión de Burela de Cine ás 18:30 horas. Ademais este mes chegarán a Burela dous musicais infantís os días 15 e 29. Volve o tributo a Michael Jackson tamén o 29 e o 22 de abril estará na Casa da Cultura Leo Bassi. A axenda de abril completarase con teatro afeccionado e coa segunda charla médica, que versará sobre o alzheimer e que terá lugar o día 26.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “además del Burela de Cine de los domingos con las sesiones de cine infantil que en este caso será el día 8, como eventos más destacados del mes de abril tenemos el musical infantil Bella, con una...
leer másA Delegación de Turismo e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza o mércores, 21 de marzo, ás 17:00 horas, un roteiro guiado orientado a profesionais do sector hostaleiro polo patrimonio civil e relixioso da vila co fin de afondar nos coñecementos sobre o patrimonio local.
O 22 de marzo ás 20:30 horas na Casa das Letras, a Asociación Cultural Francisco Lanza presenta Mar…Usia. Relatos Salpresados de Paco Rivas.
O 23 de marzo ás 10:00 horas no IES Dionisio Gamallo, dentro do ciclo IES Literarios con…, Eva Mejuto presentará a súa novela 22 segundos na que trata o tema da transexualidade na adolescencia.
E o 28 de marzo, ás 17:00 e ás 18:00 horas, dentro do programa Apego, terá lugar o espectáculo Percubebé para nenas e nenos que teñan entre 0 e 3 aniños. Cada sesión dura 40...
leer másMúsica, cine, teatro, os IES literarios e dous certames conforman a axenda cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2018. O programa foi presentado esta tarde por Farruco Graña.
O concelleiro de Cultura dixo que “antes de entrar no que é a presentación da axenda cultural deste trimestre en Ribadeo queremos nomear dúas convocatorias moi interesantes e con premio. Presentámolas no seu día mais lembrámolas por entrarmos xa de cheo nos prazos en que poden presentarse os traballos. A primeira é o II Certame literario e de artes plásticas xuvenil Concello de Ribadeo, que busca premiar propostas creativas de mozas e mozos dos concellos da Mariña. Un premio de 500 euros recoñecerá os traballos gañadores en cada categoría e o prazo de presentación remata o 31 de marzo deste ano. Tedes toda a información na web do Concello, no...
leer másA axenda cultural do Concello de Burela para o primeiro trimestre deste 2018 inclúe monólogos, teatro, cine, rastrillo popular e o musical infantil El gato con botas. Por Burela pasarán estas semanas figuras como El Sevilla, Luís Zahera, Miguel Lago ou Carlos Blanco, entre outros. Tamén estarán na localidade o Coro Uganda Natumayini, o grupo de jazz Sumrrá e o mentalista televisivo Jeff Toussaint.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, salientaba hoxe na presentación desta axenda que “los objetivos los mantenemos igual o parecidos a los del 2017. El año pasado nos funcionó bien, tanto en respuesta de público como en todo en general. Entonces mantenemos esa idea de combinar artistas de cualquier tipo tanto en música como baile, humor y teatro de primer nivel con teatro aficionado de la zona, y con esas cosas que siempre estamos programando...
leer más