Copa
Burela será a sede da XXV Copa da Súa Maxestade A Raíña de Fútbol Sala Feminino, que se celebrará do 14 ao 16 de xuño. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asegura que é un auténtico honor e un pracer que a vila fose elixida para albergar este evento.
O edil burelés contou que “no día de hoxe, a Federación Española de Fútbol acaba de elixir Burela como sede para a final da Copa da Raíña de Fútbol Sala Feminino”.
Ramiro Fernández subliñou que “para nós é un auténtico honor e un pracer poder recibir esa competición aquí. Como sempre dixemos, apostamos por campionatos desta índole, non soamente pola repercusión deportiva que ten o propio evento, senón pola repercusión social que ten para toda Burela e incluso para toda a Mariña este tipo de actividades”.
O concelleiro de Deportes...
leer másO municipal de Xove acollerá mañá un derbi mariñán sen precedentes, en cuartos de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS visitará o SD Xove FS, de Segunda B, ás 21.00 horas para buscar o pase a semifinais.
O líder de Segunda LNFS terá que facer un alto no seu camiño ligueiro, coa visita de Bisontes Castellón este sábado a Vista Alegre (18.30 horas), para medirse ao sétimo de Segunda B. “Rompe un pouco a planificación á que estamos acostumados, pero é un reto moi bonito. Vai ser un partido complicado; xogaremos contra a gran motivación do Xove e contra moitos xogadores que pasaron pola base do Pescados Rubén. Nós temos que seguir na mesma liña, ser fieis na pista ao noso traballo da semana” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube.
O espectáculo está garantido nesta gran cita. “O de Xove é un pavillón...
leer másA Bomboneira recibirá o vindeiro martes, 23 de outubro, o CA Osasuna Magna, de Primeira LNFS, na segunda eliminatoria de Copa do Rei, a partir das 21.00 horas. Tras o triunfo de 0-6 ante Prone na primeira rolda, os pupilos de Juanma Marrube aparcarán os compromisos de liga, entre os desprazamentos ás complicadas pistas de Real Betis Futsal (sábado 20, 19.00 horas, Betis TV) e Santiago Futsal (sábado 27, 20.00 horas, TVG2).
Venda anticipada
O club habilitará a venda anticipada de entradas entre mañá, xoves 18, e o martes (ata as 14.00 horas) na sede laranxa.
Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00//16.00-19-00)
Venres (10.00-14.00 horas)
Soci@s Adult@s: 3 euros
Non Soci@s Adult@s: 12 euros
Menores de idade: Gratuíto
...
leer másO Encoro de Ríocobo acollerá este sábado, 7 de xullo, a cuarta regata da oitava Copa Deputación de piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados do responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Iván González, e dunha representación dos participantes do Club local que competirán na regata.
En total estímase que serán uns 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Ríocobo este sábado, para competir nas categorías Benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior; todas elas probas mixtas.
A competición comezará ás 10:00 horas, e está previsto que as medallas e os trofeos se entreguen contra as 13:00 horas.
... leer másO pavillón Vista Alegre será escenario esta fin de semana a Copa Galega Xuvenil (9-10 de xuño) baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e o Pescados Rubén Burela FS e coa colaboración do Concello de Burela e Pescados Rubén. O salón de plenos do consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación da cita, coa presenza do responsable de Fútbol Sala da RFGF en Lugo, Iván Pico, o vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, e o director da Escola, Alfonso Mera, xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
“É sempre un pracer e unha satisfacción para nós recibir este tipo de eventos deportivos, que é unha garantía de éxito pola incondicional entrega da afección, nun deporte de moita tradición. Esta Copa é unha mostra máis da aposta do Concello polo deporte; queremos que o deporte sexa sempre...
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a XXXIV edición da Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e ao exfutbolista lucense ao que se dedicao torneo, Pedro Tapia. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
... leer más