"Baladas da Galiza imaxinaria", un concerto de formato intimista de Uxía Senlle e Narf o 27 de marzo en Viveiro.

"Baladas da Galiza imaxinaria", un concerto de formato intimista de Uxía Senlle e Narf o 27 de marzo en Viveiro.
 
 
O venres 27 de marzo o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza no Teatro Pastor Díaz, en colaboración co Concello de Viveiro un concerto que contará coa participación da cantante Uxía Senlle e do compositor Fran Pérez NARF, "dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa".
Por  primeira vez, UXÍA & NARF funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer as "Baladas da Galiza imaxinaria". Todas e cada unha destas cancións teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, cun encontro e cunha experiencia vivida a través da música, e farán as delicias  daqueles que, con espírito inquedo e aventureiro, as deixen entrar no seu corazón.
O concerto dará comezo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. O colectivo organizador porá á venda as entradas (5 euros) unha hora antes do comezo do espectáculo. Máis información no blogue: pensamentoesementeira.blogspot.com