Este vindeiro domingo o grupo Eleven actuará na rúa San Francisco a partires das 13:00 horas para animar o tapeo e o vermuteo nesa zona da vila. Esta nova xornada do Domingueo en Ribadeo poñerá a nota musical ao último día do Ribadeo de Tapeo, que se está a celebrar con moi boa acollida desde o pasado día 20.
A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á contorna da Praza de Abastos, á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.