Comedia
O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a comedia titulada “O Covid do Mariñán” no salón de actos do Concello cervense este sábado, 13 de xaneiro, ás 20:30 horas.
A entrada para asistir a esta actividade cultural do Concello de Cervo é libre.
Touriñán e Perdomo chegarán á Casa da Cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función: ás 20:00 horas e ás 20:30 horas. As entradas xa están á venda en corentena.gal
Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.
Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.
En Corentena os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se...
leer másO venres, día 24, será tempo para o teatro afeccionado do Bordelo, que porá en escena O covid do mariñán, con entrada de balde ata completar aforo. A función dará comezo ás 20:30 horas. Trátase dunha comedia. Para todos os públicos.
Sinopse: A causa da pandemia, o protagonista desta historia desapareceu durante dous anos, retornando desorientado ante o asombro da veciñanza. A nova concepción de vida que trae consigo aposta por resolver os problemas da sociedade con novos enfoques e valores que os demais non acertan a comprender. O conflito entre un e outros leva á reflexión, saíndo a relucir verdades que queiman e asfixian á colectividade. Esta comedia ten a intención de activar os valores que dun tempo a esta parte foron perdendo o seu lugar na civilización. Porque para acadar o que se quere, non todo vale.
E o...
leer másA compañía Teatro do Miolo, de Lugo, representará a obra Saíndo do Cerco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, 11 de novembro, ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta.
Saíndo do Cerco, escrita por Guillermo Cancelo, é unha comedia para todos os públicos.
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza a representación da obra titulada ‘Vaia pronóstico’, a cargo do grupo teatral deste colectivo. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas no local social de Bravos, con entrada de balde.
Os organizadores anuncian que a obra é divertidísima e nela “as cousas non serán o que parecen. As risas están aseguradas”.
Mañá, 21 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Adala Teatro de Fazouro vai por en escena a comedia Vivan os noivos. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.
Sinopse: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facerse cargo do coidado dos seus respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose no apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, deciden marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu...
leer másO grupo humorístico Trípode (e amigos) presentará o seu espectáculo titulado “O muro” no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro, este sábado, 21 de outubro, ás 20:00 horas. A entrada é de balde.
“O muro” é unha historia sobre a solidariedade, a xustiza e a igualdade. É unha comedia para todos os públicos co esta sinopse: “Dona Dorotea é unha muller egoísta e terrible. Propietaria de numerosos bens, teme ser asaltada e roubada por xentes que veñan doutros países. Por iso encárgalles a Luisete e a Pacón, dous albaneis de pouca monta, que constrúan un muro ao redor da súa finca que impida o paso a todos aqueles que poidan roubarlle. Pola finca de dona Dorotea desfilan diversos inmigrantes, moi diferentes, mais con algo en común: a pobreza e as ansias de atopar unha vida mellor. Como alegorías dos diversos pobos...
leer másA Concellería de Cultura do Concello de Valadouro informa da representación de teatro cómico que terá lugar o vindeiro venres, 26 de maio ás 21:00 horas coa peza Dúo Vaguedades.
En Dúo Vaguedades, Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, nunha iniciativa que dá un salto do audiovisual ao escenario e que mestura teatro, humor e música. Na liña habitual desta parella de humoristas, este espectáculo propón unha revisión cómica dunha parte fundamental da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de ser e da nosa relación co resto do universo.
Dúo Vaguedades é un espectáculo que se achega, en clave de humor, a diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, ao valor da nosa lingua,e á riqueza patrimonial e cultural propias de Galicia.
Esta...
leer másO vindeiro sábado, 18 de marzo, chega a Viveiro “Baile de huesos”, a cargo de Teatro Andanzas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Trátase dunha comedia dramática e tenra á vez que apela á emoción e á esperanza e cuxo obxecto final é unha invitación á reflexión sobre os valores da nosa existencia. É a historia de catro personaxes que viven de costas aos seus soños e á súa realidade, esmagados por unha montaña de frustracións, detidos nun espazo-tempo baleiro e que esperan a chegada da morte, mentres discuten nunha situación inevitable como persoas que desexan vivir...ou que desexan morrer. Cando chega a morte, resulta ser unha personaxe ao que a encanta a vida, é moi diferente ao que supoñemos e resulta ser afable e cordial e ata un pouco descoidado. Nesta obra e na vida a morte sabe falar pero tamén sabe escoitar para poder...
leer másO sábado, 18 de marzo, Xoque Carbajal e Jouse García de Malasombra Producións representarán ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Burela a conferencia fúnebre-cómico-teatral "De algo hai que morrer".
Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao 100 % da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A morte.
Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais? Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian? Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente? O suicidio creativo. Desfruta do...
leer más