Comedia
Mañá, martes, poranse á venda en Burela 300 entradas para ver a Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 15 de xuño na Casa da Cultura co seu traballo Somos criminais. Poderán adquirirse na Biblioteca e no restaurante Mis en Plas, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz, desde 10 euros.
Nesta comedia Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán fanse unha serie de preguntas sobre Galicia, como si temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Os dous actores analizan e dramatizan sobre crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por inconsciente ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por mor das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotráfico galego.
As entradas para este espectáculo seguen tamén á venda en internet en...
leer másO vindeiro venres, 2 de marzo, ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela, terá lugar a representación da obra "Elixir de Xuventude", a cargo do Grupo de Teatro A Adala, de Fazouro. A actividade enmárcase dentro da Programación Cultural do Concello de Burela. A entrada será libre e para tódolos públicos.
"Elixir de Xuventude" é unha obra cómica. Esta obra trata sobre a vida nun convento a onde chega unha novicia con gañas de modernizar a tenda que hai no mesmo (novos produtos, novas receitas,…), pero dentro de tanta innovación entra no convento un ingrediente especial que revoluciona os efectos do elixir de xuventude, as ventas e a vida no convento. ¿Terá cabida tanta novidade ou haberá que volver a receita do elixir tradicional?
O 3 de marzo chega ao Pastor Díaz, de Viveiro, a comedia "Ubú Rei", que porá en escena Talía Teatro.
Talía Teatro presenta a comedia Ubú Rei este sábado, 3 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A historia conta como Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector, o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia para roubarlle os seus estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e nepotismo levados ata o absurdo.
Ubú Rei é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano. A súa relevancia radica no desconcerto que provoca e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo. O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubú, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.
Nesta...
leer másBarreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.
Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia.
A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.