Comedia
Conexión Pingüín chega o 15 de outubro ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 15 de outubro ás 20:30 horas. O prezo da entrada para gozar desta comedia será de 5 euros para o público xeral e de 3 euros para estudantes e xubilados. As reservas poden facerse chamado ao teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es, ou en taquilla unha hora antes da función.
Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.
Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais...
Vaivén Producciones llega el 8 de octubre a Viveiro con el espectáculo El Enjambre. Será a las 20:30 horas en el Teatro Pastor Díaz.
Se trata de una obra que se ha presentado con un éxito rotundo y una de las más valorada en la última edición de Dferia 2019 (San Sebastián). Obtuvo 3 nominaciones en la 30º Edición de los premios "Teatro Rojas" de Toledo: Mejor interpretación femenina, Mejor texto de autor y mejor espectáculo de teatro.
El Enjambre: Un grupo de amigas de la infancia acude a una casa rural para celebrar la despedida de soltera de una de ellas. Pero los años no pasan en balde y aunque sientan un vínculo muy fuerte entre ellas, nada es lo que era; o sí…
Es una comedia que reflexiona sobre la maternidad, la sororidad, el empoderamiento femenino, temas...
leer másA Formiga Producións Teatrais chega o domingo, 22 de maio, a Ribadeo con Alén, unha comedia negra sobre a negra morte. Está protagonizada por Silvia Lorenzo e Daniel Celester e dirixida por Gustavo del Río. Será a partires das 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
A Formiga presenta o seu primeiro espectáculo profesional; unha comedia negra de creación colectiva sobre o tema negro por excelencia, a morte, e cuxo nome nos remite non só o máis alá dos espíritos e da Santa Compaña, senón tamén ao dos vivos, ao dos que quedan na Terra. Alén é, por tanto, tamén aquí. Unha visión holística do deceso e de como este, paradoxicamente, afecta a todos os campos da vida. Aínda que se cadra a nós dun xeito algo diferente. Despois de todo, Galicia sempre tivo unha relación moi próxima coa morte, non si...?
Este sábado, 7 de maio, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, Deste Xeito Producións porá en escena a obra Feminíssimas. A representación dará comezo ás 20:30 horas.
A historia discorre nun congreso feminista na cidade de Vigo onde se atopan tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven e que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo. A peza presenta altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza, dende a comedia, de que maneira as mulleres conviven neste novo mundo feminista. Baixo a dirección de Xavier Castiñeira e dramaturxia de Esther Carrodeguas, o elenco está composto por Stephy Llaryora, Esther Carrodeguas e Noelia Blanco.
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa a súa obra Cousas de bares este sábado, 7 de maio, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre e nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados.
Esta actividade está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.
Será este venres, 6 de maio, ás nove da noite no auditorio municipal. O prezo das entradas, que están á venda en ataquilla.com é de 9 euros.
SINOPSE:
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Ángela Andrada. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta. "Todo nunha noite" é a nova montaxe de Abismo Caracol Teatro/Cine dirixida por Darío Autrán ("Salamandra", "Relatos negros", "El cuarto de Mona), que será interpretada por Manuel Manquiña e Angela Andrada o 6 de maio ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións. Entradas xa á venda en https://entradas.ataquilla.com/.
Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz do 23 de abril a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, presenta a súa comedia "As tres solteironas".
Esta comedia, ambientada nos anos 50, caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...
Financiada co Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura, Xornadas de teatro 2022
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.
O grupo A Panadaría Teatro porá en escena As que limpan este sábado, 5 de marzo, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra fala, en ton de comedia, da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.
O elenco artístico está composto por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.