Charlas
Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, que se celebra o 16 de novembro, as asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Mariña Patrimonio súmanse á iniciativa da Rede do Patrimonio Cultural para conmemorar esta efeméride.
Os organizadores sinalan que “a nosa achega consistirá nunha exposición de útiles do paleolítico, achados nos últimos anos de forma casual en distintos lugares da Mariña. Estes útiles serán depositados, rematada a exposición, no Museo Arqueolóxico de Vilalba, seguindo as indicacións de Patrimonio”.
A exposición poderase visitar do 16 ao 30 de novembro na Casa do Concello, de Cervo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Por outra banda, o 23 de novembro está previsto realizar pola mañá unha actividade con alumnado do IES Marqués de Sargadelos que, ademais de visitar...
leer másO Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas que comezará este xoves e abordará temas como o cancro de mama, a nutrición saudable e o bo uso dos medicamentos. As conferencias terán lugar os días 8, 15 e 22 deste mes de novembro, na Casa da Cultura focense. A presentación tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira; que estivo acompañado da xerente e da directora médica do Hospital Público da Mariña, María José Cortés e Eva López; e de Ramón Couto, responsable da Asociación Local de Loita contra o Cancro en Foz.
“Desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños de Foz de da Mariña que o próximo xoves, ás oito da tarde, na Casa da Cultura, empeza unha edición máis das charlas médicas, este ciclo que se fai os xoves do mes de novembro. A verdade é que temos un cartel...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza tres charlas durante os meses de abril e de maio nas que se abordarán cuestións como a sexualidade da muller nas diferentes idades, o impacto emocional da diagnose oncolóxica e a sexualidade e o cancro.
Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “co inicio da primavera comezan as gañas de parolar, debater, informarnos e por iso desde a Concellaría de Igualdade temos previstas unhas serie de charlas abertas ao público en xeral e centradas en diversas problemáticas que teñen que ver coa saúde das mulleres”.
E explican que “o vindeiro 26 de abril teremos con nós a sexóloga Martina González Veiga que impartirá unha charla-obradoiro sobre a Sexualidade da muller nas diferentes idades. O que aprendemos sobre sexualidade lévanos a entendela dende un modelo reprodutivo, no que hai...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza do 23 ao 26 de abril a VI edición das Xornadas Sertirmos a Arte. O programa consta de catro conferencias que terán lugar no salón de actos do Cenima de Foz, ás 20:30 horas.
O luns, 23 de abril, Xaime Miranda Méndez falará de Os Vídeoclips no tempo dos vídeoclip.
O martes, 24 de abril, Silvia García abordará o tema da Arte, artesanía e deseño.
O mércores, 25 de abril, Soledad Penalta pronunciará a charla titulada De obxecto a suxeito.
O xoves, 26 de abril, Xiao Berlai e Ernesto González Torterolo presentarán Desconhecido, un proxecto de Berlai: música, poesía e banda deseñada.
O problema demográfico de Galicia é hoxe de maior gravidade incluso que nos países da contorna, manifestado en perda de poboación, baixa natalidade e alto avellentamento, fortes niveis de dependencia, forte polaridade xeográfica rural-urbana, e devalo demográfico e socioeconómico do rural.”
Con estas palabras comeza un traballo de Xosé Martínez e David Peón publicado no ano 2015 na Revista Galega de Economía, e que leva por título “PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS”, e aínda que ese traballo e as súas conclusións non son o obxecto principal da xornada que Nordés, a asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 24 de marzo en Espasante (Ortigueira), sí nos da pé para introducirnos no que é un grave problema: as consecuencias no emprego no sector primario do despoboamento e alto...
leer másA Concellería de Sanidade organizará un novo ciclo de charlas médicas que darán comezo o vindeiro mes de marzo. As temáticas foron elixidas polos veciños e veciñas de Burela a través do facebook da Concellería de Sanidade, e versarán sobre as lesións na práctica deportiva afeccionada, o alzheimer e o coidado de persoas maiores no fogar.
O concelleiro de Sanidade, José Díaz, anunciou que “desde la Delegación de Sanidad del Concello de Burela vamos a organizar, lo mismo que hicimos ya en los dos años anteriores desde que estamos en el gobierno local, charlas médicas de interés social e impartidas por personal especializado, con médicos de la zona con muchos conocimientos de las áreas a tratar”.
O edil lembrou que “este año lo que decidimos fue, en nuestro perfil de facebook realizar una encuesta sobre qué temas...
leer másO Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas, que dará comezo este xoves, día 9. Estas conferencias, que foron presentadas hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a xerente executiva do Hospital da Costa, María José Cortés Canay; e a subdirectora médica do centro, Eva López Roca, continuarán os días 16 e 23 deste mes e terán lugar na Casa da Cultura, ás 20:00 horas. Os temas que se abordarán este ano serán o cancro de mama, o cancro de colon e o ictus.
O rexedor focego anunciou: “vimos de presentar unha edición máis das charlas médicas do Concello de Foz. Son xa máis de quince anos cun clásico no mes de novembro. Empezaremos este xoves, día 9, e son tres charlas que coinciden todos os xoves ata o día 23, na Casa da Cultura, con diferente temática. Neste caso apostamos o primeiro día polo cancro de...
leer más