Charlas
A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha exposición sobre deportados da Mariña luguesa e do Occidente asturiano a campos de exterminio nazis. Será na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo. Comezará este xoves 26 de outubro e prolongarase até o domingo 12 de novembro.
Haberá dúas charlas acompañando a exposición. Serán os xoves 26 de outubro e 9 de novembro, impartiranse no Centro Social ribadense e serán ás 20:30 horas. Na primeira falarán Antonio Muñoz Sánchez, José Miguel Suárez Fernández e Miguel Freire. Este último ofrecerá a segunda conferencia.
O Concello de Foz inicia este mércores, día 9, unha nova edición do ciclo de charlas médicas, actividade que foi presentada hoxe, luns, coa participación do alcalde, Fran Cajoto; da concelleira de Sanidade, Katherina Alonso; e da xerente do Hospital Público da Mariña, María José Cortés.
A concelleira de Sanidade, Katherina Alonso Machado, explica que “o Concello de Foz volve apostar por achegar información de saúde á veciñanza coas súas charlas médicas. Coma en anos anteriores, serán no mes de novembro, comezando este mércores 9 falando dun tema de moito interese e que cada ano foi indo en aumento, as alerxias, co título Alerxia no mundo actual: de onde vimos e cara a onde imos. Será impartida polo alergólogo do Hospital Público da Mariña, Nicola Giangrande. A segunda charla terá lugar o día 16, abordando tamén un tema moi actual como e a...
leer másO pintor, Antón Patiño, e a científica no Instituto de Historia do CSIC, Carmen Gaitán, ofrecerán dúas conferencias sobre a artista.
O Concello de Viveiro celebra esta semana dúas novas citas do ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”.
Este xoves, 28 de abril, intervirá o pintor Antón Patiño, co relatorio “Maruja Mallo. Arte da vida”. O venres, 29 de abril participará Carmen Gaitán Salinas, científica no Instituto de Historia do CSIC, co relatorio “Explorando o cono sur: Maruja Mallo e o seu exilio transatlántico”. Ambas citas serán no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30, con entrada gratuíta ata completar aforo.
“Alén dos eventos desta semana, aínda resta unha conferencia o 6 de maio e o acto de peche o día 20, no que contaremos coa presenza da...
leer másA asociación Cultural A Pomba do Arco vai celebrar entre o 25 e 28 de abril a VII edición das Xornadas Sentirmos a Arte con catro conferencias que se realizarán ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz
O programa das xornadas é o seguinte:
Luns 25. O que transcende á mirada
Ignacio Castro “Nachok”
Martes 26. Falando do cotiá
Sabela Arias
Mércores 27. Un proxecto de vida?
Mauro Leivas
Xoves 28. Atrezzo.Territorio
Cristian Villamide
Foz acolle unha nova edición do ciclo de charlas médicas que organizan o Concello e o Hospital Público da Mariña. Serán os días 10, 18 e 24 de mes na Casa da Cultura focense e foron presentadas hoxe polo alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Sanidade, Transparencia e Innovación, Kathy Alonso.
A concelleira explica que “estas charlas, xa celebradas en anos anteriores, tocarán importantes temas de actualidade impartidas por diferentes especialistas. Comezarán este mércores, día 10, coa exposición do xinecólogo Antón Castro López, que falará de Actualización do cancro de mama. Continuarán o xoves 18 co nefrólogo Secundino Cigarrán cunha charla sobre Fomento da vida saudable por medio da dieta atlántica. E finaliza o mércores 24 o médico de familia José Luis Fernández co tema Xestos sanadores. Poderán disfrutar destas interesantes...
leer másNordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, presentou o programa da XI edición das Xornadas "Memoria dun Tempo" dedicadas á recuperación da Memoria Histórica e que terán lugar os días os días 20, 21 e 22 de agosto no salón de actos do Centro Sociocultural, así coma na Ponte Vella, do pobo de O Barqueiro, no concello de Mañón (A Coruña)
Nesta ocasión abriranse as Xornadas coa proxección da curtametraxe documental "Dores", de Laura e Coral Piñeiro, Clara Miñán e Maite Martínez, que trata sobre os campos de concentración que houbo en Galiza durante o franquismo, e o a que seguirá unha mesa redonda coa presenza das realizadoras, así coma da escritora Susana Sánchez Aríns, que tamén participa no filme, a historiadora e profesora Ana Cabana Iglesia e Chus Armada Castaño, unha das netas de Jesús Castaño Galdo, alcalde de...
leer másO Concello de Foz organiza charlas divulgativas no xacemento arqueolóxico de Carreiro-Marzán este venres, día 6 de agosto.
As Delegacións de Cultura e de Patrimonio do Concello focense explican que “serán impartidas por Roberto Bartolomé, arqueólogo da Empresa Engobe Arqueología, que está a realizar a sondaxe e prospección arqueolóxica dos castros na zona do Carreiro, no paseo de Llas”.
Os grupos serán de 10 persoas como máximo e as charlas desenvolveranse nestes horarios: de 12:00 a 12:30, 12:30 a 13:00, de 17:30 a 18:00 e de 18.00 a 18.30 horas.
Os interesados en asistir deben chamar previamente á Delegación de Cultura Concello de Foz (teléfono 982.140.027).
Debido á actual situación de pandemia o IES de Foz vese obrigado a adiar o que sería o XIV Campionato Internacional de Baristas, que se viña celebrando todos os anos. Co fin de facer algo simbólico e non perder o espírito barista, dende a organización do evento decidiron facer unha serie de videoconferencias orientadas a Escolas de Hostalería os días 10, 11 e 12 de febreiro, entre as 09.00 e as 12.10 horas.
Estas actividades serán emitidas por Webex en aberto e tamén se gravarán para que aqueles que non poidan conectarse nese horario poidan visualizalas máis tarde. O alumnado do centro asistirá ás
charlas dende as súas aulas, sempre mantendo os protocolos COVID.
A dirección do IES de Foz destaca que “o evento contará cun total de 12 relatores, que a través de charlas relacionadas co café achegarán un pouco...
leer másMañá, 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada na que se busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, lembra que “o Concello de Burela conta con dúas monitoras de educación ambiental que durante todo o ano realizan actividades para crear conciencia nas persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente, protexer a flora e a fauna. E como non podía ser doutro xeito durante esta semana realizarán diversas actividades para celebrar esta efeméride”.
A edil burelesa conta que “o martes e o mércores, 26 e 27 de xaneiro, a alumnado de Infantil do CEIP Virxe do Carme participará nun conto escenificado con títeres O gorrión Valentino, que nos axudará a inculcar o...
leer másO ciclo de charlas médicas de Foz, organizado polo Concello e polo Hospital da Mariña, desenvolverase os xoves 12, 19 e 26 deste mes ás 20:00 horas na Casa da Cultura, con aforo limitado. Na primeira o doutor José Manuel Suárez Lorenzo, especialista en medicina preventiva, falará de cómo enfrontarse ao Covid.
Na seguinte charlas o traumatólogo Roi Castro Muñoz ocuparase da osteoporose en homes e mulleres. E na terceira a médica de urxencias Úrsula González Martos falará das enfermidades cardiovasculares e das actuacións en caso de infarto.
Na presentación do ciclo, que tivo lugar este mediodía, o alcalde focense, Fran Cajoto, deulle as grazas á xerente do Hospital Público da Mariña, María José Cortés, “por participar activamente xa desde hai moitos anos o hospital nestas charlas médicas que se programan en...
leer más