Charla
A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro de Análise o vindeiro 3 de outubro en Foz. O aluguer será o protagonista da cita, que terá lugar no Cenima a partir das 19:00 horas.
Baixo o título de Traballo na Mariña lucense, onde vivo? o Foro analizará a problemática para atopar pisos de aluguer de tempada na comarca mariñá tras o boom das vivendas de uso turístico. A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “hai moita preocupación nos diferentes colectivos de traballadores, xa sexa para incorporarse a empresas, a tendas, a hoteis, a restaurantes, a centros de ensino ou mesmo ao hospital, porque non atopan pisos para alugar nas vilas nas que van estar traballando e nas que lles gustaría vivir e asentarse. No caso de Ribadeo, por exemplo, sabemos que ou alugan nos concellos veciños ou aquí é practicamente imposible”....
leer másA Asociación Antonio Gandoy organiza unha charla sobre Orientación na Crianza, que terá lugar o vindeiro luns, 16 de setembro, ás 17:00 horas, na Casa do Concello de Ribadeo.
A conferencia será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy.
Está dirixida a familias con nenos de 0 a 6 anos, a persoas interesadas que busquen un espazo no que aprender, compartir, resolver dúbidas e orientarse na crianza.
As reservas poden facerse no teléfono 679 143 620 e en olaiacao@gmail.com. O prezo é de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.
O Concello de Foz continúa coa súa programación cultural esta fin de semana, que será intensa. Ao teatro afeccionado únense as charlas San Martiño no Camiño e a chegada do ciclo Galicia Escena Norte .
Este venres, 13 de setembro, no Museo da Basílica de San Martiño darán comezo os coloquios de San Martiño no Camiño, unhas charlas que se veñen organizando nos últimos anos para dar a coñecer a historia da Mariña e máis concretamente a relativa a San Martiño de Mondoñedo (Foz). Esta primeira charla será impartida por Carlos Andrés González Paz, actualmente no Instituto de Estudos Galego Padre Sarmiento, é un recoñecido historiador do medievo e explicará De Dumio a San Martiño de Mondoñedo: a Eccllesia Dumiensis na historia eclesiástica da Galicia Medieval. A charla está programada para ás 19.00 horas. O venres 20 continuará este...
leer másA asociación socio-educativa Antonio Gandoy organiza unha charla titulada Crianza respectuosa que se celebrará o mércores da vindeira semana, día 11 de setembro, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz.
A charla será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da asociación Antonio Gandoy. O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 horas e o prezo de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.
As persoas interesadas poden obter máis información e facer a reserva no teléfono 679 143 620 ou en olaiacao@gmail.com
A conferencia está dirixida a familias con nenos/as de 0 a 6 anos e persoas que busquen un espazo onde aprender, compartir, resolver dúbidas e...
leer másO próximo 29 de agosto ás 20:30 horas terá lugar no Claustro do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá un acto especial para conmemorar o 50 aniversario da súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
Javier Gómez Darriba, doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá unha charla titulada "San Salvador de Vilanova de Lourenzá no 50 aniversario da súa declaración como BIC. Historia e Arte dun mosteiro benedictino".
A actividade está organizada pola asociación Conde Santo.
A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), organizan para este venres, 19 de xullo, unha charla encontro sobre a fraga de Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos. Será ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros.
Este encontro ten como finalidade informar sobre o proceso de adquisicón da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos así como debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo e a revalorización deste xacemento medieval.
O vindeiro venres, 12 de xullo, terá lugar unha Xornada de Degustación e Promoción Viños IXP Terras do Navia que a partir das 17:00 horas da tarde nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, dentro do marco de colaboración establecido entre AGV (Asociación Galega de Viticultura), integrada na FRUGA (Federación Rural Galega) e na que tamén participa e colabora directamente o Concello de Barreiros.
Haberá a charla coloquio Manual de Boas Prácticas Vitivinícolas da IXP Terras de Navia na que intervirán Xosé Antonio Meixide, de Adega Bordel, e Manuel Cancio, de Adega Panchín.
E para as 18:10 horas está prevista unha cata comentada dos viños da IXP Terras do Navia. Na mesma participará o sumiller Martiño Santos.
A charla está dirixida, sobre todo, ás familias con fillas e fillos con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, así como a calquera persoa interesada neste tema.
“A industria do tabaco ve como descenden ás súas ganancias debido a caída en picado da venda dos cigarros convencionais. Para paliar isto, lanza novos produtos e mediante diferentes tácticas intentan inculcar á sociedade coa percepción errónea de baixo risco para a saúde destes novos dispositivos, os famosos vapers, por exemplo. A última enquisa ESTUDES 2023 publica que os menores de entre 14 e 18 anos xa probaron en algún momento estes produtos”, son palabras de Noa Rey Torres, farmacéutica, especialista en tabaquismo e secretaria da Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo, que estará o vindeiro xoves, 30 de maio, ás 20:00 horas no Centro Social (ao lado do...
leer másO Concello de Burela organiza, coa colaboración da Garda Civil, unha charla para previr as estafas a través do teléfono móbil. Será o luns 6 de maio ás 19:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
Esta actividade forma parte do Plan Maior de Seguridade.
A aula Cemit do Vicedo acollerá unha sesión formativa práctica gratuíta titulada “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”. Será o luns 29 de abril de 18:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse na propia aula CeMIT, a través do teléfono 982.590.195 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com.