Castelo, en Cervo, celebrará o 7 e o 8 de outubro as festas na honra da Nosa Señora do Rosario.

A parroquia de Castelo celebrará a festa na honra da Nosa Señora do Rosario a fin de semana do 7 e 8 de outubro.
 
Os festexos comezarán o sábado 7 ás 13:00 horas con misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do Grupo Fénix, que repetirá na verbena co Grupo Pasión, a partir das 22:00 horas. Xa o domingo 8 haberá misa solemne de novo ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal, seguida da sesión vermú amenizada polo dúo Belinda.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da asociación Cabaleiros do Xunco, que organiza a festa coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes Medela e Rozada.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.