Cea

Etiquetas:
04/04/2017

O vindeiro 13 de maio ás 22 horas no Restaurante A Naranxa de Alfoz, celebrarase unha Cea Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promovido por un grupo de veciñas e veciños de Alfoz interesados en colaborar no desenrolo e mantemento dos proxectos e servizos da Aecc. Os promotores asinaron hoxe en Alfoz un convenio de compromiso de doazón de forma que os beneficios obtidos na recadación da cea (5 € de donativo por comensal) así como os obtidos da venta de rifas durante o evento serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro. No acto participaron varios dos membros da organización así como membros da directiva da Aecc de Lugo, entre as que se atopaba a presidenta do colectivo Mariluz Abella.

As invitacións para a cea poderanse adquirir no propio restaurante ou a través de calquera dos membros da...

leer más
Etiquetas:
24/01/2017
Agotadas as entradas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que terá lugar o 11 de febreiro na Sala Bahía.
 
Na Delegación de Cultura do Concello de Foz vendéronse onte en menos de tres horas as 550 entradas dispostas para a cea de coroación da raíña do Entroido, que se celebrará o día 11 de febreiro. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta que o Entroido focense está a vivir un dos seus mellores momentos.
 
Javier Castiñeira explicou hoxe que “onte abriuse o prazo para recoller as entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido e o mesmo día quedou xa pechado posto que en menos de tres horas vendéronse 550 entradas; e polo tanto o aforo está completo. Estamos moi contentos pola demanda e porque o Entroido de Foz está a vivir un dos mellores momentos da súa historia; proba disto é esta cea de coroación da raíña, na que no ano 2011 eran arredor de 150 persoas, das cales a metade estaban...
leer más
Etiquetas:
19/01/2017
A partir do 23 de xaneiro poden retirarse as tarxetas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que se celebrará o 11 de febreiro.
 
A partir do vindeiro luns, día 23, poden retirarse as tarxetas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que se celebrará o día 11 de febreiro, sábado, na Sala Bahía ás 22:00 horas. Por outra banda o ciclo de teatro afeccionado nas parroquias chega este sábado 21 á antiga escola de Fazouro, onde o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena a obra As farturas de Servando. 
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anuncia que “este sábado teremos outra obra dentro do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias. Esta vez toca na parroquia de Fazouro, na antiga escola, ás sete e media da tarde, co grupo Axóuxeres, que van facer a obra As farturas de Servando”.
 
Esta representación está organizada polo Concello de Foz e o...
leer más
Etiquetas:
19/06/2016
Todo está listo en Alfoz para a celebración do San Xoán 2016. Haberá música, cea popular e Concurso de Caleiras.
 
A Granda de San Pedro acollerá o San Xoán 2016 en Alfoz, que organiza a asociación cultural xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. 
 
Ás 21 horas dará comezo a cita festiva. Haberá cea popular con sardiñas, chourizos, panceta e pan, que será gratis para os socios e a prezos populares para os non socios. 
 
No San Xoán 2016 non faltará a música, a cargo do cuarteto Xaramolo e terá lugar tamén a cuarta edición do Concurso de Caleiras. 
 
Etiquetas:
25/02/2016
O CIM e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para conmemorar o Día Internacional da Muller. Será o 8 de marzo.
 
O Centro de Información á Muller e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para o vindeiro 12 de marzo. Con esta cea  conmemora o Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8 de marzo. 
 
A cea terá lugar no Restaurante Louzao a partires das dez da noite.
Etiquetas:
19/01/2016
O 21 de xaneiro remata o prazo de reserva de entradas para a cea de coroación da Raíña do Entroido de Foz 2016 e das súas damas. O evento será o 23 na Sala Bahía.
 
Este xoves, día 21, remata o prazo de reserva de entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido de Foz 2016, que é Andrea Rouco Posada, e das súas damas: Nuria Díaz García e Alba Goás Freire. O evento terá lugar este sábado, día 23, ás dez da noite na Sala Bahía.
O menú da cea inclúe sopa, cocido, postre, viños tinto e branco, café e chupito. Estará amenizada polo dúo Eclipse e o prezo por persoa é de 23 euros. A reserva de entradas hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz ou chamando ao teléfono 982.140.027.
 
Etiquetas:
22/11/2015
O 28 de novembro terá lugar en Burela a Asamblea Anual Ordinaria da asociación Pasada das Cabras, seguida da tradicional cea-baile.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado, 28 de novembro, a súa Asamblea Anual Ordinaria. Será no restaurante Palacio de Cristal ás 20:30 horas en 1ª convocatoria e ás 21:00 horas en 2ª.
A continuación ás 22:00 horas no mesmo restaurante terá lugar a tradicional cea-baile anual amenizada por Juan de Ferreira.
Os prezos son de 25 euros para os socios e de 30 euros para os que non o son.
Para asistir hai que anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves, día 26 de novembro.
 
Etiquetas:
04/11/2015
Segue o Mes da Maxia na Mariña. Este venres, 7 de novembro, en Parrilada de Jandro en Burela e no Asador en Viveiro. E o sábado no Parador de Turismo de Ribadeo e no Noso Lar en Cervo.
 
O venres e o sábado, 6 e 7 de novembro, respectivamente continúa en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. En total son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. A cita prolongarase ata o 28 de novembro. 
O venres, 6 de novembro, haberá menú máxico na Parrillada de Jandro en Burela. Alí os que acudan poderán degustar chistes e variñas (tosta de cecina...
leer más
Etiquetas:
10/09/2015
Saiñas organiza o 12 de setembro a XI Foliada da Mariña, que se celebrará en Xove nunha carpa instalada na praza do Centro Cívico.
 
A asociación Saíñas de Xove organiza para o próximo sábado, 12 de setembro, a undécima edición da Foliada da Mariña, un evento que se celebrará nunha carpa diante do Centro Cívico dende ás 18:30 horas. A esa hora comezará o espectáculo con pasarrúas, para continuar, sobre as 21 horas, cunha cea popular con churrasco, tortilla, chourizo, bebida e pan. A Foliada chegará ás 23 horas. 
A venda anticipada de tíckets realizarase en Peluquería Rosa, Estética Marta e Click Informática a un prezo de 7,5 euros. O prezo do tícket no lugar da Foliada venderase a 9 euros. 
Organiza o evento a asociación Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.  
 
... leer más
Etiquetas:
04/09/2015
Barreiros acollerá o VI Día Solidario o vindeiro 18 de setembro.
 
O vindeiro 18 de setembro terá lugar o V Día Solidario, con cea-baile benéfica, que organizan a Rede de Voluntariado Local e a Concellería de Servizos Sociais de Barreiros. O recadado será destinado á asociación Piel de Mariposa Debra España. 
A cea celebrarase no restaurante A Ribeira a partir das 21:30 horas. O prezo do cuberto por persoa será de 20 euros. Os nenos e nenas de ata 10 anos pagarán 10 euros.
As persoas interesadas en acudir deben anotarse antes do día 16 deste mes nos seguintes teléfonos: 661 07 83 23 ou 982 124 002.
Durante esta cea-baile benéfica intervirá un representante da asociación Piel de Mariposa Debra España. Os organizadores explican que haberá sorteo de agasallos...
leer más